Arquivos da etiqueta: Adrià Targa
Compostela: programa inaugural da Libraría Chan da Pólvora
O mércores 22 abre as súas portas a Libraría Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela. Con este motivo, terá lugar un recital de apertura, presentado por Gonzalo Hermo:
– 18:00 h. – Francisco Cortegoso, Juan Bello (cast.) e Adrià Targa (cat.).
– 19:00 h. – Jesús Castro, Tiago Alves (port.) e Lara Rozados.
– 20:00 h. – Ana Romaní, Xosé María Álvarez Cáccamo, Oriana Méndez e Margarita Ledo.
– 20:45 h. – Intervención do poeta rapeiro García MC, de Dios Ke Te Crew.
– 21:00 h. – Brinde de peche.
Compostela: recital poético Que falen as linguas
O mércores 3 de setembro, ás 20:30 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo, 1) de Santiago de Compostela, terá lugar un recital dirixido a revisitar algúns dos nomes fundamentais da poesía en galego e catalán e ofrecer ao vivo traducións éditas e inéditas a unha e outra linguas. No acto, presentado por Alicia Fernández, participan Begonya Pozo, Branca Novoneyra, Eduard del Castillo Velasco, Adrià Targa, Helena Capera, Gonzalo Hermo e o poeta e músico senegalés Abdoulaye Bilal Traoré Fall (a foto é de Eduard del Castillo).
Tres poetas da Galiza recitarán no ciclo Voces paralelas das letras catalás, so 29 de xuño ao 6 de xullo
Desde Sermos Galiza:
“Chus Pato, Gonzalo Hermo e Estíbaliz Espinosa serán as voces galegas que partillarán coas catalás de Sebastià Perelló, Susanna Lliberós, e Adrià Targa o ciclo Voces paralelas que levará o encontro poético galego-catalán a diversas localidades de Cataluña, Valencia e Mallorca. De Fisterra ao Cap de Creus é o lema que acompaña á xira literaria.
Desta volta, o ciclo reúne a tres poetas cataláns de xeracións diferentes con tres voces convidadas desde Galiza. Será a actriz Mireia Chalamanch a que guiará o espectáculo e recitará en catalán a obra galega nas distintas citas que se desenvolverán en Cataluña, Valencia e Mallorca desde o 29 de xuño ao 6 de xullo. Espazos singulares acollerán o espectáculo poético que ten Galiza desta volta como país convidado. O claustro de Sant Francisco de Vilafranca del Penedès, o claustro Sant Pau do Centre Tarraconense, o Centro de Cultura Contemporánea de Valencia, o Convento, espazo de arte de Vila-real, a Llibreria Quars de Palma ou El Born Centre Cultural de Barcelona son algúns escenarios nos que terá lugar o encontro Voces paralelas, Veus Paral-leles na súa 12 edición. (…)”