Arquivos da etiqueta: Agrupación Cultural Auriense
Ourense: presentación de O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón
Ourense: Xurxo Souto. XX anos de literatura (humilde) celebración
Ourense: presentación de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV) Tomo I. A relevancia do reino galego medieval, de Francisco Rodríguez
Ourense: presentación do monográfico Galiza 1968. A consciencia avivada
A Mostra de Teatro de Ourense recoñece o papel pioneiro de Tereixa Campo
Desde Sermos Galiza:
“A clausura da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) recoñeceu o sábado 28 de abril, o labor pioneiro de Tereixa Campo no teatro lugués e, por extensión, galego. A activista teatral do Val do Mao recibirá o premio da organización da Miteu.
Coordinadora da Aula de Teatro do Campus de Lugo entre 1994 e 1998 e fundadora da Asociación Barriga Verde e de Achádego Teatro, o traballo incansábel de Campo por un teatro de base é salientado na viséximo terceira edición da Miteu.
Profesora durante décadas no colexio público de Casás, en Lugo, tamén se encargou da dirección escénica dunha versión da zarzuela Non chores Sabeliña, de Xosé Trapero Pardo, e escribiu pezas dramáticas como O xogo de Pinto Pinto, Contos de Sempre ou O sorriso das pedras. Antes de Achádego, practicou o teatro en Tarabelo.
O acto de entrega do galardón foi ás oito do serán no Teatro Principal de Ourense. Ademais do premio da organización, tamén se entregaron os premios do xurado e do espectador Carlos Couceiro e Begoña Muñoz e os premios á mellor resolución técnica Suso Díaz. Maricastaña, a Aula de Teatro da Universidade de Ourense, xérmolo da Miteu, representou As ondas das pedras no río e houbo música a cargo de Dani Minimalia, guitarrista.
A clausura pon o ramo a unha mostra en que se puideron ver arredor de 30 espectáculos teatrais e que comezou o pasado 12 de abril. Organizan o Concello de Ourense, a Deputación e a Universidade de Vigo -da que depende o campus ourensán- coa colaboración de Sarabela Teatro, o Café Cultural Auriense e a Xunta. Diríxea Fernando Dacosta.”