Arquivos da etiqueta: Agrupación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo
Ribadeo: presentación de Atlantidae. Mulher D’Água, de Adela Figueroa Panisse
Rinlo (Ribadeo): presentación de Charamuscas, de Suso Lista
“O galego do exterior, protagonista dun recital en Ribadeo”
Desde Sermos Galiza:
“Dentro das actividades de verán dedicadas á historia, cultura e lingua da Comarca do Eo, a Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza a quinta feira, día 24, ás 19 h., un recital poético nas escaleiras do parque de San Francisco, en Ribadeo, en que o protagonista será o chamado galego exterior.
E é que a agrupación empraza as persoas participantes, que só terán que se apuntar a través deste enderezo de correo electrónico, a recitar poemas de escritoras e escritores da zona Eo-Navia, ou mesmo de León. “Queremos que poetas como Quique dos Roxíos, Héctor Acebo, Viqui Veiguela, Crisanto Veiguela Martins, Aurora García Rivas, Moisés Cima ou Xavier Frías Conde sexan tamén coñecidos na marxe esquerda do río Eo, e que todos e todas poidamos gozar coas súas composicións”, sinala a entidade que preside Dores Fernández Abel.
Aliás, algúns deses versos xa poden ser lidos estes días en varandas do centro da vila de Ribadeo, dentro da actividade Palabras no Balcón.”
Ribadeo: presentación de Badaladas de Anllóns, de Farruco Graña
Ribadeo: presentación de Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, de Mercedes Queixas
Ribadeo: presentación de O soño de Xoán, de Farruco Graña
Ribadeo: presentación de Atravesar o fantasma, de Carlos Callón
O
luns 11 de maio, ás 20:30 horas, na Libraría Casa das Letras de Ribadeo (Rúa Rodríguez Murias, 8), preséntase o libro Atravesar o fantasma, de Carlos Callón, publicado en Xerais, nun acto organizado pola A. C. Francisco Lanza.
Ribadeo: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
Ribadeo: actos destacados do sábado 19 e domingo 20 na Feira do Libro
O
sábado 19 e domingo 20 de xullo finaliza a Feira do Libro de Ribadeo (no Parque de San Francisco), con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para eses días:
Sábado 19
– 13:00 h. Presentación de Caderno de viaxe. A Mariña, con Luz Pozo e Eduardo Baamonde.
– 18:30 h. Presentación do álbum ilustrado 3, 2, 1…, de Pepablo Patiño e Dani Padrón, publicado por Edicións Embora.
– 19:30 h. Presentación do libro disco Brinca vai!, de Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor, publicado por Kalandraka.
– 20:00 h. O escritor Henrique Dacosta asinará exemplares do seu libro Entrada ao xardín do saber, na caseta da Libraría Cartabón.
Domingo 20
– 19:30 h. Presentación do libro Salseiros, do escritor e actor Suso Lista, publicado por Edicións Embora.
– 20:30 h. Presentación do relato O monxe voador, de Farruco Graña, pertencente á obra colectiva Follas de Carballo, publicada pola A. C. Lumieira.
– 21:00 h. O Grupo de Teatro da Asociación Cultural Francisco Lanza representará a obra O cego, de Daniel Cortezón.






