
Arquivos da etiqueta: Federación Galiza Cultura
Representación da adaptación teatral de Un ollo de vidro (memorias dun esquelete), de Castelao, na Coruña
Pico Sacro: Alba de Gloria 2026, o sábado 18 de xullo
Desde a A. C. O Galo:
“O próximo sábado, 18 de xullo de 2026 ás 12h, a Federación Galiza Cultura, da man da A. C. O Galo e a A. C. Vagalumes, celebra no cumio do Pico Sacro a LECTURA DO ALBA DE GLORIA DE CASTELAO, un dos textos máis fermosos da literatura galega e que o noso grande político e artista escribiu estando xa exiliado en Bos Aires.
Cada ano lembramos así a subida a este monte de Afonso R. Castelao e un grupo de amigos seus, algúns deles membros das Irmandades da Fala. A A. C. O Galo convídate á esta lectura e á visita guiada que realizaremos despois de xantar de campo. Non necesitas anotarte, podes traer contigo acompañantes, cada quen utilizará o transporte que coide máis acaído e traerá a súa comida.
ALBA DE GLORIA, SÁBADO 18.07.2026 ás 12h. NO CUMIO DO PICO SACRO:
12h: Benvida e intervención de Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritor@s en Lingua Galega.
12: 30h: Rubida ao último treito do cumio do Pico Sacro con descanso na capela. Xa no petouto, a A. C. Vagalumes, a A. C. O Galo e varias das persoas, lerán Alba de Groria de Castelao.
13:30h: Baixada con parada para ver a chamada cova da Raíña Lupa.
15:00 aprox.: Xantar de convivio en Carboeiro. Cada quen levará a súa comida, bebida e cubertos.
Non precisades apuntarvos.”
Outeiro de Rei: XIII Convivio da Cultura Galega
XIII Convivio da Cultura Galega, en Outeiro de Rei
Compostela: representación do Auto dos simulados da Caravilla, de Manuel María, do grupo de teatro da A. C. Medulio
Vilalba: palestra Rosalía. Proclamar ao mundo que Galiza existe, por Francisco Rodríguez
Palestra Rosalía. Proclamar ao mundo que Galiza existe, por Francisco Rodríguez, en Vilalba
Compostela, A Coruña e Ferrol: presentacións de Castelao. Chama e alento incesantes
Roteiro Castelao na Coruña

PERCORRIDO
- Estatua de Castelao nos Xardíns de Méndez Núñez: Castelao, símbolo de Galiza.
Con Xosé Luís Axeitos, investigador e escritor. - Cine Avenida: Castelao, a Galiza organizada.
Con André Laxe, Federación Galiza Cultura - Circo de Artesáns: O Álbum Nós.
Con Elvira Roiz, profesora de Lingua e Literatura Galega - Editorial Nós, rúa Real 36, Literatura e identidade.
Con Carme Fernández Pérez-San Xulián, profesora de Filoloxía Galega e Portuguesa na UDC - Rúa Real nº 26: Castelao e o deseño para a prensa
Con Pepe Barro, deseñador - Praza dos Ovos/Praza do Humor: Castelao humorista.
Con Siro López, caricaturista - Teatro Rosalía de Castro: Castelao, político.
Con Pilar García Negro, profesora da UDC e escritora
Pasarrúas con Xosé Manuel Sánchez Rei.
E a voz de Mónica Pérez López acompañada do piano de Pablo Méndez Carreira.







