Arquivos da etiqueta: Alexandre Bóveda
Ferrol: presentación da banda deseñada Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza
Dúas campañas de crowdfunding (Implicadas e Alexandre Bóveda)
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Chégame
información de dúas campañas de crowdfunding que me suscitan interese e das que gustosamente deixo referencia nesta bitácora. A primeira vincúlase coa denominada VIII edición do Implícate! Noite de palabra e música solidaria que organiza Implicadas no desenvolvemento á procura doazóns para custear os carteis e o equipo técnico do devandito festival: unha causa xusta e, evidentemente, solidaria.
Outra campaña é a que promove Radiofusión e ten que ver coa difusión do pensamento de Alexandre Bóveda, aos cento dez anos do seu nacemento que se celebrarán no vindeiro 2013. O proxecto persegue a publicación dun volume arredor de Bóveda, optando pola fórmula de banda deseñada, con debuxos de Carlos Sardiña e texto de Pitusa Arias. Premendo aquí pode obterse máis información sobre a campaña (reproduzo abaixo un audiviosual no que a autora e o ilustrador explican as súas intencións).”
A Coruña: conferencia de Alberte Suras sobre Celso Emilio Ferreiro
O
venres 25 de maio, ás 20:00 horas, no salón de actos da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar unha conferencia de Alberte Suras baixo o título Aquela noite de pedra. A esperanza de Celso Emilio Ferreiro.
Previamente, ás 17:00 horas, no Salón de graos da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, Roberto Catoira pronunciará a charla-coloquio Alexandre Bóveda: vida, paixón e morte por Galiza.
A Coruña: exposición Formas de ver a Bóveda, até o 31 de agosto
Do
xoves 7 de xullo ao mércores 31 de agosto, con horario entre as 16:30 e as 19:30 horas de luns a xoves, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, está aberta ao público a exposición multidisciplinar Formas de ver a Bóveda, composta por obra gráfica, pintura, escultura e manuscritos de artistas, escritores e escritoras de todo o país (estes últimos en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) que acudiron á chamada da Asociación Cultural para expresar como ven eles, 75 anos despois do seu asasinato, a figura de Alexandre Bóveda.
A listaxe de artistas é a seguinte: Ánxeles Penas, Sonia Esturao, Magaly, Deli Sánchez, Jose Luis Busto, Berta Ares, Ana Martínez, Sara Garrote (Chuca), Sabela Baña, Alfredo Constela, Nito Davila, Óscar Carballo, Maria Braxe, Nando Pereiro, Maribel dos Anxos, Iglesias Diz e Nolo Suárez.
A listaxe dos autores dos manuscritos está conformada por: Xavier Queipo, Francisco Castro, Olga Patiño, Ana Arias Saavedra, Alberto Suárez Figueiras, Xosé Vázquez Pintor, Xosé María Álvarez Cáccamo, Vicente Piñeiro González, Xosé Neira Vilas, Rafael Lema, Afonso Álvarez Cáccamo, Fina Casalderrey, Concha Blanco Blanco, Felipe Senén, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Salvador García-Bodaño, Xoán Xosé Fernández Abella, Lucía Novas e Adolfo Caamaño Vázquez.
Lugo: recital poético na inauguración da exposición Alexandre Bóveda. Da vida e o compromiso
O
venres 1 de xullo, a partir das 19:30 horas, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo, inaugúrase a exposición Alexandre Bóveda. Da vida e o compromiso. 1903-1936, aberta entre o 1 e o domingo 31 de xullo (co seguinte horario: de luns a venres: de 11 a 14 e 17 a 20 h. e sábados: de 10 a 14 h., domingos e festivos, pechado). Como parte da inauguración terá lugar un recital poético a cargo de Carme Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Marica Campo e Isidro Novo.
A Coruña: conferencia de Uxío-Breogán Diéguez sobre Alexandre Bóveda
O
martes 21 de xuño, ás 20:30 horas, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, dentro do ciclo de conferencias en conmemoración do 75º cabodano do asasinato de Alexandre Bóveda, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel falará de A. Bóveda e a cuestión estatutaria.
A Coruña: conferencia de Francisco Rodríguez sobre Alexandre Bóveda
O xoves
16 de maio, ás 20:30 horas, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, dentro do ciclo de conferencias en conmemoración do 75º cabodano do asasinato de Alexandre Bóveda, falará sobre a vixencia do seu pensamento na actualidade Francisco Rodríguez.
A Coruña: conferencia de Xosé Antonio Pena Beiroa sobre Alexandre Bóveda
O xoves
9 de xuño, ás 20:30 horas, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, e dentro do ciclo de conferencias en conmemoración do 75º cabodano do asasinato de Alexandre Bóveda, Xosé Antonio Pena Beiroa falará da obra económica e fiscal de Bóveda na actualidade. Houbo un cambio na orde das conferencias, e esta semana terá lugar esta, quedando para o día 16 a prevista para o xoves 9 con Francisco Rodríguez.

