Desde Sermos Galiza (foto da Editorial Galaxia):
“A primeira edición do Premio de Novela Camiño de Santiago ten gañador: Carlos Meixide (Vilagarcía de Arousa, 1977). A súa obra Camiño de paixón foi a vencedora dun certame que busca “impulsar desde a creación literaria a vertente física, histórica, cultural, social ou mesmo imaxinaria da Ruta Xacobea”.
A de Meixide foi a proposta gañadora de entre 16 nun premio que admite orixinais en galego e en castelán. A súa dotación económica é de 6.000 euros e está organizado pola Academia Xacobea, Naturgy e a Editorial Galaxia, que publicará a obra gañadora.
O xurado formárono o presidente da Academia Xacobea Xesús Palmou; o escritor Ulises Bértolo: a responsable de relacións institucionais de Naturgy en Galiza, Amalia Baltar; o catedrático de Historia da Universidade de Santiago de Compostela Pegerto Saavedra; a escritora Rosalía Morlán; e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro.”
Arquivos da etiqueta: Amalia Baltar
Compostela: presentación de O colapso territorial en Galiza, de Xosé Constenla
Pontevedra: presentación de Mariña: de deusa a santa, de Rafael Quintía
Compostela: presentación de Da natureza de escritores, artistas e vermes, de José María Durán Medraño
O xoves 2 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx, de José María Durán Medraño, premio Ramón Piñeiro, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, interveñen Manuel Fernández Pellicer, Amalia Baltar, Valentín García, Antón Baamonde e Víctor F. Freixanes.
Santiago: presentación de Queer-emos un mundo novo, de Teresa Moure
O mércores 20 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase Queer-emos un mundo novo, de Teresa Moure, publicado en Galaxia. No acto, xunto á autora, participan Víctor F. Freixanes, Valentín García Gómez, Amalia Baltar e Carlos Callón. Reportaxe posterior en Galaxia.