Arquivos da etiqueta: Andrés Neuman
Manuel Rivas e Carlos Quiroga toman protagonismo nas Correntes d´Escritas
Desde Sermos Galiza:
“O encontro literário Correntes d´Escritas irá realizar-se de 20 a 22 de Fevereiro na Póvoa de Varzim e, nesta 15 edição entre os mais de 60 escritores e escritoras participantes, cobram protagonismo dois galegos, Manuel Rivas e Carlos Quiroga. Habitual das Correntes d´Escritas, um dos mais prestigiosos encontros literários de Portugal, Carlos Quiroga, além de participar no conjunto de escritores e escritoras do programa, toma parte do júri que decidirá a obra e autor ou autora ganhadora do 11º Prémio Literário Casino da Póvoa, no valor de 20 mil euros. O júri, junto Quiroga, está constituido por Isabel Pires de Lima, Patrícia Reis, Pedro Teixeira Neves e Sara Figueiredo Costa que já selecionaram 15 livros finalistas.
Nesta edição que comemora 15 anos do evento, a organização solicitou de antigos participantes fazerem uma seleção de 15 autores e autoras que fosse obrigatório convidar sem nunca terem participado até agora no evento. É nesta seleção de “imprescindíveis” na que entra o nome do escritor galego Manuel Rivas, junto outros grandes vultos literários como Andrés Neuman, Antonio Gamoneda, Inês Fonseca, João Ricardo Pedro, Patricia Portela, Miguel Sousa Tavares ou Ungulani Ba Ka Khosa. (…)”
A Coruña: recital de Olga Novo e Andrés Neuman no Ciclo Poetas di(n)versos
O luns 20 de decembro, a partir das 20:30 h., na Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo) da Coruña, retoma a súa actividade o ciclo Poetas Di(n)versos, dirixido por Yolanda Castaño, cun recital de Andrés Neuman, poeta arxentino-granadino, tamén autor de contos e microensaios, xa foi sinalado como un dos nomes clave da literatura do s. XXI por mestres como Bolaño, e Olga Novo, autora de culto das últimas xeracións galegas e unha das poéticas máis desacougantes do panorama contemporáneo, o seu traballo como profesora na Universidade da Bretaña Sur fainos escasas as ocasións de escoitar a forza vivencial e o erotismo. Máis información neste arquivo: Programa Ciclo DinVersos Decembro 2010.
A Coruña: recitais do ciclo Poetas di(n)versos
O ciclo Poetas Di(n)versos, dirixido por Yolanda Castaño, do último trimestre do ano comezará o vindeiro luns 20 de decembro coa participación de Andrés Neuman e Olga Novo, retomando as actividades coas que arrancara o ano pasado, e que contaron cun gran éxito de público. O obxectivo desta iniciativa céntrase en achegar a poesía ao público en xeral amosando outra forma de disfrutar a poesía dun xeito case escénico a través do que se busca animar a todo o mundo a achegarse a ela. O recital previsto para o domingo 14 de novembro con Gioconda Belli e Claudio Rodríguez Fer cancélase tras comunicar a poeta nicaraguana a anulación da súa visita á Coruña por motivos persoais.
As datas e autores previstos son:
– 20 de decembro:
– Andrés Neuman. O último Premio Alfaguara de Novela foi e será sempre, ademais, un lúcido poeta que se prodiga en múltiples formas dende o haiku ata o aforismo. Este arxentino-granadino, tamén autor de contos e microensaios, xa foi sinalado como un dos nomes clave da literatura do s. XXI por mestres como Bolaño.
– Olga Novo. Autora de culto das últimas xeracións galegas e unha das poéticas máis desacougantes do panorama contemporáneo, o seu traballo como profesora na Universidade da Bretaña Sur fainos escasas as ocasións de escoitar a forza vivencial e o erotismo.
– 17 de xaneiro:
– Rosa Alice Branco. Unha das poetas portuguesas máis importantes de hoxe, a súa obra ten participado en multitude de antoloxías e festivais poéticos de todo o mundo. Profesora de Estética e Teoría da percepción, a súa radical sensibilidade ponse de manifesto nos seus 8 poemarios entre os que consta o Premio Espiral Maior do pasado ano.
– Xavier Seoane. Nado e residente na nosa cidade, o dono dunha das poéticas máis rigorosas e fondas da Xeración dos 80 é tamén un fino e sagaz crítico literario e de arte. Profesor de Lingua e Literatura, ten tamén unha traxectoria como fndamentado xestor e dinamizador cultural.