Arquivos da etiqueta: Andrés Pombo Graña
Ourense: actividades destacadas do 30 de maio na Feira do Libro 2019
O 30 de maio continúa a Feira do Libro de Ourense (na rúa do Paseo), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 19:00 h. Concerto-presentación de Cantamos, de Luís Vallecillo, publicado por Guindastre Edicións. Posterior sinatura na caseta da Secretaría.
– 19:00 h. María Eiras asinará e fará debuxos relacionados co seu libro As nosas letras de muller a muller na caseta da Libraría Pedreira.
– 20:00 h. Andrés Pombo Graña estará asinando exemplares de O segredo das Burgas, publicado por Galaxia, na caseta da Libraría Cartabón.