Arquivos da etiqueta: Antton Kazabon
Oiartzun: Homenaxe a Concha Murguía, 2020
Programa da Homenaxe a Concha Murguía en 2020:
– 6 de febreiro, ás 19:00 horas. Sala de plenos do Concello de Oiartzun.
Presentación do libro Las matxinadas en Euskal Herria (siglos XVI-XIX), a cargo de Xosé Estévez, autor da obra, e de Anjel Rekalde, sociólogo e director de Nabarralde, entidade editora.
– 7 de febreiro, ás 19:00 horas. Sala de plenos do Concello de Oiartzun:
Recital poético musicado, vasco-galego, de poemas de Gabriel Aresti, Manuel María e Antton Kazabon:
-Recitadores: Antton Kazabon e Xosé Estévez.
-Músicos: Edurne Saizar, piano.
Haizea Lekuona, frauta.
Oihane Mitxelena, acordeón.
8 de febreiro, ás 12:00 horas, na praza de Santo Estevo e na Sala de Falencias Manuel Lekuona da Casa de Cultura de Oiartzun:
Ofrenda floral e homenaxe a Concha Murguía Egaña, coas intervencións da Concelleira de Cultura, Dona Iosune Cousillas, e de D. Xosé Estévez, historiador.
Actuarán os txistularis Lartaun Txistulari Taldea, de Oiartzun, e o grupo de gaiteiros Trisquele da Casa de Galicia de Donostia.
Ao remate do acto os asistentes serán agasallados co galano dun gorenteiro refrixerio.
Institucións artelladoras: Excmo. Concello de Oiartzun e Fato Cultural Galego Daniel Castelao, de Pasaia.
Oiartzun: Homenaxe a Concha Murguía, do 7 ao 10 de febreiro
“Concha Murguía e Oiartzun: a irmandade en estado puro”, por Xosé Estévez
Artigo de Xosé Estévez en Sermos Galiza:
“(…) O 11 de novembro do 2000, día de San Martiño, a Irmandade de Centros Galegos de Euskadi e as Asociacións Culturais “Daniel Castelao”, de Pasaia, e a “Rosalía de Castro”, de Baracaldo, solicitamos da Deputación Foral de Guipúzcoa e do Concello de Oiartzun a celebración dunha homenaxe a Concha Murguía. Ambas Institucións responderon afirmativa e xenerosamente da man de Luis María Bandrés, deputado de Cultura, e Xabier Iragorri, alcalde de Oiartzun. Colocouse na Casa de Cultura unha fermosa placa, conforme ca monumentalidade do lugar, en galego e éuscaro, cas seguintes verbas:”Nesta casa naceu Concha Murguía Egaña (1806-1854), nai de Manuel M. Murguía, berce do nazonalismo galego”. As dúas institucións sufragaron tódolos actos e a edición dun libro da miña autoría sobre a estirpe vasca de Manuel Murguía.
Dende aquela efeméride celebramos tódolos anos por estas datas unha homenaxe a Concha Murguía. Este ano, os días 2, 3 e 4 de febreiro, interviñemos na celebración: a concelleira de cultura de Oiartzun, Iosune Cousillas, filla de Pedro Cousillas, natural de Corme, o poeta oiartzuarra Antton Kazabon, as excelentes músicas Edurne Saizar, Oaihane Mitxelena e Haizea Lekuona, o documentalista Davide Cabaleiro, a bertsolari Ainhoa Aranburu e quen isto escribe. Participaron o grupo “Lartaun”de txistularis do pobo oiartzuarra e os gaiteiros do grupo ”Trisquele” da Casa de Galicia de Donostia. Recitáronse sete poemas de Rosalía de Castro e de dous de Antton Kazabon, en galego e éuscaro. Finalmente agasallamos a Concha Murguía cuha ofrenda floral e gozamos dun excelente refrixerio, chamado “lunch” segundo os posmodernos, doado polo Concello, pois considera que aínda segue vixente o vello refrán latino: ”Primum vivere, deinde philosophare”. (…)”
Oiartzun: Homenaxe a Concha Murguía 2017
O Excmo. Concello de Oiartzun e o Fato Cultural Galego Daniel Castelao, de Pasaia, organizan a Homenaxe a Concha Murguía 2017, co seguinte programa:
Xoves 2 de febreiro, ás 19:00 horas, na Sala de plenos do Concello:
– Recital poético musicado, vasco-galego, de poemas de Rosalía de Castro e de Antton Kazabon:
· Recitadores: Antton Kazabon e Xosé Estévez.
· Músicos: Edurne Saizar, piano; Haizea Lekuona, frauta; e Oihane Mitxelena, acordeón.
Venres 3 de febreiro, ás 20:30 horas, na Sala de plenos do Concello:
– Presentación do trailer do documental Euskal Herria: sitio distinto, a cargo do seu autor, Davide Cabaleiro, e de Ainhoa Aranburu, ilusionista.
Sábado 4 de febreiro, ás 12:00 horas, na Praza de Santo Estevo e na Sala Manuel Lekuona da Casa de Cultura:
– Ofrenda floral e homenaxe a Concha Murguía Egaña, coas intervencións da Concelleira de Cultura, Dona Iosune Cousillas, e de D. Xosé Estévez, historiador. Actuarán os txistularis Lartaun Txistulari Taldea, de Oiartzun, e o grupo de gaiteiros Trisquele da Casa de Galicia de Donostia. Ao remate do acto os asistentes serán agasallados co galano dun refrixerio.