Marina Seoane é a nova presidenta dos ilustradores galegos

Desde Cultura Galega:
“O X Encontro Galego de Ilustración que se celebrou a pasada fin de semana en Compostela serviu para que a AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) anovase a súa directiva. Marina Seoane será a nova presidenta do colectivo, a substituír a Santy Gutiérrez, que ocupaba o posto de 2008. O xa ex-presidente publicou unha carta na que denuncia a falta de apoio público e a “falta de implicación e respecto” de cara aos ilustardores “por parte das altas xerarquías políticas e empresariais”.”

Dispoñíbel o Boletín público de AGPI (número 1)

“Está dispoñíbel o novo boletín de noticias da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.
Aquí atoparás información sobre lanzamentos, eventos, convocatorias e proxectos relacionados co sector da ilustración galega.
Para recibir comodamente o boletín no teu correo electrónico podes subscribirte aquí. Tamén podes compartir este boletín cos teus amigos e colegas, e enviarnos as túas suxestións e comentarios escribíndonos a correo@agpi.es.
Se o prefires tamén podes borrar a túa subscrición.
Agardamos que esta nova ferramenta informativa sexa do teu interese.”

Santiago: VIII Encontro Galego de Ilustración, organizado pola AGPI

O sábado 29 de outubro, na Fundación Novacaixagalicia Claudio San Martín (Rúa do Vilar, 19) de Santiago de Compostela, terá lugar o VIII Encontro Galego de Ilustración, organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. O programa é o seguinte:

PROGRAMA DE MAÑÁ. ENTRADA LIBRE PARA TODO O PÚBLICO:
10:00 h. Recepción.
10:15 h. Presentación oficial do Encontro.
10:30 h. Charla: A ilustración ante os novos tempos da profesión, por Gemma Cortabirte.
11:45 h. Charla: Entre dous, a obra conxunta. Con Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas.
13:00 h. Mesa redonda: Como convivir cos medios dixitais?. Con Manuel Bragado e Manuel Gago, moderados por Henrique Torreiro.
14:15 h. Fotomatón na Praza da Quintana.

PROGRAMA DE TARDE. ACTOS EXCLUSIVOS PARA SOCIAS/OS DA AGPI:
15:00 h. Xantar de confraternización dos socios da AGPI (con inscrición previa) no Restaurante O Dezaseis.
17:30 h. Asemblea Xeral de socios da AGPI (salón de actos da Fundación Novacaixagalicia Claudio San Martín).