A obra de Castelao será declarada Ben de Interese Cultural (BIC)

“A decisión de declarar BIC a obra de Castelao foi aprobada pola Consellería de Cultura e Turismo o pasado 28 de xuño a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e, o procedemento, será comunicado ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural para a súa anotación preventiva como ben de interese cultural inmaterial. Nos próximos días a decisión será publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) e, a continuación, abrirase un período de información pública durante un mes co obxectivo de que os interesados poidan examinar o expediente e alegar o que consideren conveniente.
Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao, insistiu na tardanza, pero aceptou que, finalmente, se dera o paso: “Cando unha cousa está mal feita é agradable o día no que se fai algo ao xeito. Realmente, é do pouco bo que fai a Xunta” (…) Vía Xornal de Galicia.

Santiago: presentación dun libro de David Otero

O libro de David Otero Nun bambán de non virar baldo preséntase este venres 12 de marzo ás oito da tarde na Libraría Couceiro de Santiago (Praza de Cervantes, 6). No acto intervirán Avelino Pousa Antelo –mestre galeguista e presidente da Fundación Castelao–, Xoán Xosé Fernández Abella –mestre e poeta–, Mini e Mero –mestres, do grupo musical A Quenlla–, X. Amancio Liñares Giraut –director editorial de 3C3– e o propio autor.

Premio Alta Capacidade Galega 2009 para Avelino Pousa Antelo

A Asociación de Altas Capacidades de Galicia vén de facer público o fallo do seu Premio Alta Capacidade Galega 2009, que recaeu nas persoas de D. Ángel Carracedo Álvarez e D. Avelino Pousa Antelo. O acto terá lugar o sábado 10 de outubro, ás 12h, no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago (Campus Sur), e contará coa actuación musical de Emilio Cao e con presentación do Profesor Jorge Mira.

A Coruña: David Otero presenta un libro sobre Alexandre Bóveda

O xoves 21 de maio ás oito da tarde na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (na Rúa Olmos) preséntase o libro Alexandre Bóveda, na demanda de restauración, escrito por David Otero e editado por Laiovento. Participarán no acto Pancho Pillado, Avelino Pousa Antelo, Xosé Luís Bóveda, Xoán Xosé Abella e Mini e Mero. A entrada é libre.

Os XVI Encontros na Terra Cha homenaxean Antom Santamarina

Antón Santamarina«Guitiriz acolle o vindeiro 5 de setembro o XVI Encontros na Terra Cha, que este ano están dedicados a Antón Santamarina, primeiro presidente das Mocedades Galeguistas de Bos Aires. Alí reuniranse escritores, entre eles, Xavier Alcalá ou Xosé Martínez Romero e históricos galeguistas como Avelino Pousa Antelo, recentemente premiado co Ramón Piñeiro ‘Facendo país’ e Antón Moreda. […]» (A Nosa Terra)

Avelino Pousa Antelo gaña o Premio Ramón Piñeiro “Facer país”

Avelino Pousa Antelo«O xurado tivo que valorar as corenta candidaturas presentadas, e escolleu ao galeguista Pousa Antelo pola súa “entrega permanente ó país como galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural”. Agora, a organizadora do premio, a Asociación Val de Láncara, preparará os actos de homenaxe ao gañador.» (culturagalega.org)