A sexta feira 29 de xuño continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 18:30 h. Presentación de Camiños, de Magín Blanco, publicado por Fol Música.
– 19:45 h. Presentación de Bonus track, de Rosalía Fernández Rial, publicado por Galaxia. Acompañando á autora estará a editora Malores Villanueva.
– 20:00 h. Beto Luaces asina exemplares de Vicus. Un lugar do común na caseta da Libraría Cartabón.
– 20:30 h. Presentación de Os Eidos, de Uxío Novoneyra, na colección Biblioteca de Mesopotamia, de Chan da Pólvora.
– 21:15 h. Presentación da edición homenaxe Día do Orgullo Galego, dedicada aos Seis poemas galegos de García Lorca, de Chan da Pólvora.