O mércores 10 de novembro, a partir das 18:00 h., no salón de Graos da Faculdade de Ciencias de Educación da Coruña, preséntase o libro Decrescimento, crise e capitalismo, do profesor e ensaísta Carlos Taibo, publicado por Estaleiro Editora. O acto contará coa presenza do autor, que estará acompañado pola integrante de Estaleiro Editora e tamén profesora Iria Sobrino.
Arquivos da etiqueta: Carlos Taibo
Presentacións de Parecia não pisar o chão, de Carlos Taibo
O libro de ensaios de Carlos Taibo sobre a figura de Fernando Pessoa, Parecia não pisar o chão, publicado en Através Editora preséntase esta semana en catro cidades galegas:
A terza-feira 21 de setembro ás 20:00 h. no Local Social A Gentalha do Pichel, en Santiago, presentado por Carlos Quiroga.
A quarta-feira 22, ás 20:30 h., no Centro Social Gomes Gaioso da Coruña (rúa Marconi, 9, Monte Alto), presentado por Valentim R. Fagim.
A quinta-feira 23, ás 20:00, na Escola Oficial de Idiomas de Vigo, presentado por Salvador Mourelo.
E, por último, a sexta-feira 24, ás 19:30 h., na Escola Oficial de Idiomas de Lugo, presentado por Joseph Ghanime e Valentim R. Fagim.
Carlos Taibo: “O Pessoa ser humano”
Entrevista a Carlos Taibo en Galicia Hoxe.
Santiago: actos culturais no Festigal o domingo 25 de xullo
Na Galería das Letras do Festigal 2010, que se celebrará no Campus Universitario Sul, desenvolveranse os seguintes actos culturais o domingo 25 de xullo:
Ás 15:30 h., presentación de Galiza en Suíza. 50 anos de presenza galega na Suíza, de Xurxo Martínez Crespo, editado pola CIG. No acto participarán Luís Manuel Calvo Salgado e o propio autor.
Ás 16:00 h., Carlos G. Figueiras presenta Quero saber onde se agacham as cores, publicado en Galiza Editora.
Ás 16:30 h., Pepe Cáccamo presenta Un home impuntual, publicado en Galaxia, acompañado por Francisco Castro.
Ás 17:00 h., Carlos Taibo presenta Parecia não pisar o chão, publicado en Avante Editora, da AGAL, acompañado por Valentim R. Fagim.
Ás 17:45 h., María Pilar García Negro presenta O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro, ensaio e feminismo, publicado en Sotelo Blanco, acompañada de Diego Pardo Amado.
Ás 18:30 h., Marilar Aleixandre presenta O coitelo en novembro, publicado en Xerais. No acto participan coa autora Manuel Bragado e Dolores Vilavedra.
Ás 19:15 h. haberá un recital de poesía con textos de Uxío Novoneyra e Rosalía de Castro.
Ás 20:00 h., Teresa Moure presenta A Intervención, publicado en Xerais, acompañada por Manuel Bragado. No acto proxectarase unha videointervención creada pola propia autora.
Ás 20:45h., Francisco Castro presenta O segredo de Marco Polo, publicado en Galaxia, acompañado por Víctor F. Freixanes e Montse Penas Presas.
E, por último, ás 21:30 h., preséntase a primeira versión en galego-portugués do Sempre en Galiza, publicado en Avante Editora, da AGAL, onde intervirán Fernando V. Corredoira, Camilo Nogueira e Miguel R. Penas.
A Coruña: conferencia de Carlos Taibo
O vindeiro día 2 de Abril, xoves, o profesor e investigador Carlos Taibo pronunciará dentro do ciclo Economia, História, e Realidade Social unha palestra co título O nacionalismo español. O acto celébrase ás oito do serán no local da Fundación Caixa Galicia no Cantón Grande da Coruña.
Carlos Taibo é profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid. Firme activista do movimento antiglobalización, a súa obra investigadora é recollida en diversos libros tanto en galego como en castelán: O castelo de fogos. Nove ensaios sobre ou porvir da Europa do Leste, Europa sen folgos, Un novo Terceiro Mundo, Miserias da globalización capitalista, Fendas abertas: Seis ensaios sobre a cuestión nacional, La desintegración de Yugoslavia, Guerra en Kosova: Un estudio sobre la ingeniería del odio, El conflicto de Chechenia, Crisis y cambio en la Europa del Este, Rapiña global ou Sobre política, mercado y convivencia, en colaboración co economista e escritor José Luis Sampedro.