O
venres 25 de maio, ás 20:00 horas, no salón de actos da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar unha conferencia de Alberte Suras baixo o título Aquela noite de pedra. A esperanza de Celso Emilio Ferreiro.
Previamente, ás 17:00 horas, no Salón de graos da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, Roberto Catoira pronunciará a charla-coloquio Alexandre Bóveda: vida, paixón e morte por Galiza.
Arquivos da etiqueta: Celso Emilio Ferreiro
Celanova: encontro Celso Emilio Ferreiro (1912-2012): ética e poética, entre o 16 e o 18 de xullo
Entre
o 16 e o 18 de xullo, no Mosteiro de Celanova, celébrase o Encontro Celso Emilio Ferreiro (1912-2012): ética e poética, organizado pola UIMP, baixo a dirección de José María Paz Gago e Antonio Piñeiro Feijoo. O importe da matrícula é de 129 euros, cunha redución do 50% para os alumnos das universidades da Coruña, Santiago ou Vigo (a data límite para a solicitude da beca é a do 16 de xuño), tendo recoñecido un valor académico de 20 horas en créditos de libre elección. O programa é o seguinte:
Luns 16 de xullo:
– 11:00 horas. Inauguración. Con José María Paz Gago, Antonio Piñeiro Feijoo e Xosé Luís Barreiro Rivas.
– 11:30 horas. Conferencia inaugural a cargo de Xesús Alonso Montero.
– 13:00 horas. Aspectos biográficos: ética vital. Con Luís Ferreiro Loredo e Ramón Nicolás Rodríguez.
– 20:00 horas. Recital lírico: Onde o mundo se chama Celanova, dirixido por Antón de Santiago.
Martes 17 de xullo:
– 10:30 horas. A creación poética: poesía civil e social, con Vicente Araguas, Luis García Jambrina e Basilio Rodríguez Cañada.
– 12:30 horas. A obra narrativa e ensaística, con Manuel Bragado, Alfredo Conde e Ramón Pernas.
Mércores 18 de xullo:
– 10:30 horas. Xornalismo e literatura en Celso Emilio Ferreiro, con Carlos G. Reigosa e Xosé Antonio Perozo.
– 12:30 horas. Presentación de publicacións sobre Celso Emilio Ferreiro: Celso Emilio Ferreiro hai 100 anos, con Aser Álvarez.
– 13:00 horas. Conferencia de clausura, con César Antonio Molina.
– 14:00 horas. Clausura e entrega de diplomas.
Ourense: conferencia de Xesús Alonso Montero sobre Celso Emilio Ferreiro
Vigo: acto de homenagem a Paz Andrade e Celso Emilio
Madrid: actos das Letras Galegas con motivo dos 15 anos do Grupo Poético Bilbao
Xornada Xigantes ou ananos? Celso Emilio Ferreiro e o debate sobre a emigración galega
“O
Consello da Cultura Galega organiza unha iniciativa para conmemorar o centenario do poeta de Celanova. Trátase dunha xornada arredor da emigración galega e a figura de Celso Emilio quen pasou sete anos da súa vida en Caracas e experimentou vivencias que foron relevantes tanto na súa vida como na súa obra. A xornada celebrarase o vindeiro 24 de maio en Compostela baixo a coordinación do profesor Xosé Manuel Núñez Seixas. Premendo nesta ligazón accédese á información sobre a xornada e participantes.” Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.
Vídeo de Celso Emilio Ferreiro: unha revisión no centenario do nacemento, por Ramón Nicolás
Celanova: conferencia de Alberte Suras sobre Celso Emilio Ferreiro
O
mércores 9 de maio, ás 12:00 horas, no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova, terá lugar unha conferencia de Alberte Suras baixo o título Aquela noite de pedra. A esperanza de Celso Emilio Ferreiro. Para participar será preciso preinscribirse na Biblioteca do Auditorio Municipal ou no teléfono 988-431930.
Pontevedra: Concerto do Día das Letras Galegas, o mércores 16 de maio
O mércores 16 de maio, ás 21:00 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra, con entrada libre até completar capacidade, terá lugar o Concerto do Día das Letras Galegas, no que a orquestra da Real Filharmonía de Galicia, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra e o Coro Académico do Conservatorio Manuel Quiroga, baixo a dirección de Maximino Zumalave, interpretarán obras de Antón García Abril, Juan Durán e Rogelio Groba, partituras compostas sobre textos de Celso Emilio Ferreiro, Valentín Paz-Andrade e Ramón Cabanillas. Está organizado polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Pontevedra.





