“A escrita do poema: dende a reflexión ao sen alento
é un obradoiro a cargo de Dores Tembrás, organizado pola Escola de Escritoræs da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a colaboración da Biblioteca do Centro Ágora da Coruña.
O obradoiro desenvolverase dende o 2 de maio ata o 20 de xuño de 2013, todos os xoves de 20:00 a 22:00 horas. Ao ter completas as prazas; abrirase unha lista de espera, chamando ao CMIX Centro Municipal de Información Xuvenil no teléfono 981 184 294.
A proposta deste obradoiro é sinxela, pero ambiciosa: adentrármonos no acto da escrita.
Para isto contaremos con oito sesións de dúas horas que investiremos en achegarnos a distintas poéticas da literatura galega contemporánea que nos permitirán coñecer a variedade de estilos e abordaxes ó acto creador. Ese será o punto de partida para reflexionar sobre o espazo do poema e os seus mecanismos, tentando aproximarnos á definición do acontecer poético. Ligado a isto afondaremos na procura da palabra e o traballo coa linguaxe: silencio, emoción, suxestión. Diferentes exercicios poñerán de relevo os puntos fortes nos que debe afianzarse a proposta de cada participante e tamén aqueles máis débiles que nos levarán á procura de alternativas.
Todo co obxectivo de adquirir as ferramentas necesarias nas que poder desenvolver cada escolla individual. Todo para afondar, entre derivas, no fascinio poético.”
Arquivos da etiqueta: Centro Ágora da Coruña
Actos do Día de Rosalía para o sábado 23
O sábado 23, ás 12:00 horas, na Librería Lila-Lilith e Ciranda (Rúa da Travesa, 7) de Santiago de Compostela, terá lugar un acto coas poetas Rosalía Fernández Rial, Helena Salgueiro e Luz Fandiño, onde recitarán obra propia alternando con poemas de Rosalía. No acto proxectarase tamén Todas con Rosalía.
A Coruña: representación de Corporal (je t’aime) e Contra a morte
O martes
17 de maio, ás 20:00 horas, no Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n. Ao lado do IES Agra do Orzán) da Coruña, preséntanse dous proxectos en proceso: por unha banda Carlos Neira e Antía Otero están a desenvolver con actores (Roi Fernández, Laura Fandiño, Olaia Tesouro e Estevo González) un exercicio escénico e performático titulado Corporal (je t’aime) partindo de textos e da figura do autor monfortino; e, por outra banda, Iago Martínez e Alexandre Cancelo realizaron un documental sobre Lois Pereiro titulado Contra a morte. O dito documental está en proceso de finalización pero será presentado polos autores proxectando unha serie de fragmentos e de partes do documental.











