O
xoves 22 de outubro, ás 19:00 horas, no Centro de Recursos Feministas de Vigo (no 2ª andar da Biblioteca Central, rúa Joaquín Yañez, 6, Casco Vello), terá lugar unha homenaxe a María do Carme Kruckenberg. Participan Carme Panero Menor, Mercedes Queixas Zas e Ángeles Ruibal.
Arquivos da etiqueta: Centro de Documentación e Recursos Feministas do Concello de Vigo
Programa da visita da poeta támil Thamizhachi, Re-activa Galicia!
A poeta e activista india Thamizhachi está en Galiza no marco do program REACTIV_ARTE da ONGD Implicadas. Ademais de ser unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil, tamén é unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres. Podedes atopar máis información sobre a autora tanto na súa web, como na páxina web de Implicadas.
Coñecida no mundo literario como Thamizhachi Thangapandian, ten colaborado con Implicadas nos programas de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu, e a súa visita a Galicia rematará o día 13 de abril cun encontro ás 19.30 na biblioteca do Ágora (A Coruña) no que a AELG colabora.
Este é o programa de actividades nas que participou e participará a escritora:
-
8 de abril ás 19:00 h. na Biblioteca Pública Central de Vigo: Encontro en colaboración co Centro de Documentación e Recursos Feministas do Concello de Vigo.
-
9 de abril ás 20:00 h. na Libraría Lila de Lilith (R/ Travesa, 7 Santiago): Encontro en colaboración coa plataforma A Sega. “A lingua e a literatura como ferramenta de empoderamento feminista”.
-
11 de abril de 16:00 a 20:00 horas, no local de Implicadas no Desenvolvemento (R/ Barcelona, 86. Vigo): Obradoiro de escrita con autoras organizado por Implicadas e Apiario.
-
12 de abril ás 20:30 h. no restaurante Da India (Rúa Puerto Rico, 2. A Coruña): Cea (aberta ao público xeral) con Thamizhachi e coas voluntarias de Implicadas.
-
13 de abril ás 10:45 h. no Teatro As Torres de Santa Cruz de Oleiros: Charla en colaboración coas Bibliotecas de Oleiros para estudantes de secundaria.
-
13 de abril ás 19:30 h. na Biblioteca do Centro Ágora (A Coruña): Encontro en colaboración coa AELG.

Vigo: presentación de María Xosé Queizán. Unha nena seducida polos libros, de María Xosé Queizán
Vigo: presentación de Sangue 12, de Cris Pavón
Vigo: coloquio arredor de Maternosofía, de Inma López Silva
O
xoves 18 de setembro, ás 19:00 horas, no Centro de Recursos Feministas de Vigo (Biblioteca Pública Central, rúa Joaquín Yáñez, 6, 2º andar), terá lugar un coloquio-presentación arredor do libro Maternosofía, publicado por Galaxia, coa presenza da súa autora, Inma López Silva, acompañada por Mariana Fernández e Carlos Lema.
Vigo: presentación de Ámote Leo A. Terminal de… chegadas?, de Rosa Aneiros
O
mércores 18 de xuño, ás 19:00 horas, no Centro de Recursos Feministas de Vigo (Biblioteca Pública Central, Rúa Joaquín Yáñez, 6-2º de Vigo), terá lugar a presentación do libro Ámote Leo A. Terminal de…chegadas? de Rosa Aneiros, publicado en Xerais. No acto participa, xunto á autora, Anaír Rodríguez.
Vigo: presentación de Carne de Leviatán, de Chus Pato
O
mércores 4 de decembro, ás 19:00 horas, no Centro de Recursos Feministas (Biblioteca Central, rúa Joaquín Yáñez) de Vigo, preséntase Carne de Leviatán, de Chus Pato, publicado en Galaxia. No acto, xunto á autora, participan Elvira Riveiro e Carlos Lema.
Vigo: entrevista de Mercedes Queixas a María do Carme Kruckenberg
O
martes
22 de outubro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública Central de Vigo (Rúa Joaquín Yáñez, 6, 2º andar), Mercedes Queixas entrevistará a María do Carme Kruckenberg, dentro do ciclo Historias vividas…e contadas polas súas protagonistas, organizado polo Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo.
Vigo: faladoiro sobre Maruja Mallo: a pintura da nova muller, de Carlos L. Bernárdez, con Marga do Val
O
martes 19 de marzo, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública Central de Vigo (Rúa Joaquín Yáñez, 6, 2º andar), terá lugar unha nova edición do Faladoiro de libros con…, coa presenza de Carlos L. Bernárdez, quen dialogará con Marga do Val sobre a súa obra Maruja Mallo: a pintura da nova muller, publicada por Nigra Trea no 2010. O acto está coorganizado polo Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo e a Concellería de Igualdade.