Arquivos da etiqueta: Clara Gayo
Salvaterra: XXVI Festival de Poesia no Condado
O XXVI Festival de Poesia no Condado, co título Capitalismo é um feito… revoluçom um direito!, terá lugar os 31 de agosto e 1 de setembro en Salvaterra, organizado pola S. C. D. Condado. Do programa, que pode ser descargado completo aquí, destacamos os seguintes actos literarios do sábado 1 de setembro na Zona das Murallas:
– 18:30 h. Presentación do libro Aquiltadas, de Susana Sánchez Arins, publicado en Estaleiro.
– 21:00 h. Festival poético-musical presentado por Clara Gayo e Iria Pinheiro, cos seguintes participantes: Poetas: Daniel Salgado, Xiana Arias, Roi Vidal, Eduardo Estévez, Ramiro Vidal, Susana Sánchez Arins, Gonzalo Hermo, Silvia Penas, Claudio Rodríguez Fer e Adelino Timóteo.
– Grupos musicais: Cuchufellos, O Sonoro Maxín, Sacha na Horta e Dios ke te Crew.
Santiago: recital Picaversos: Nocturnos
O martes 24 de abril, a partir das 21:00 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos, baixo o título Nocturnos, coa participación de Manuel Darriba, Clara Gayo e Celso Fernández Sanmartín.
A Coruña: Ciclo Escrita(s), en Sargadelos
A Galería Sargadelos (Rúa Real, 56) da Coruña, retoma o Ciclo Escrita(s), que baixo o título Alteridades dun secreto a voces, recolle a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen varios autores, tratando de atravesar a partir das diferentes liñas de universo dos/das conferenciantes/conferenciantas a proliferación das inscricións que fan con nós comunidade. O programa destas charlas, todas elas ás 20:00 horas, é o seguinte -pódese descargar tamén aquí: Sargadelos 2012 Escrita(s)-:
– Sábado 21 de abril: Óscar Rodriguez de Dios, Telegrafías. Tentativas para tropezar con outros.
– Xoves 26 de abril: Abraham Rubín, Deconstrución e outro. unha fantoloxía do acontecemento.
– Venres 4 de maio: Beatriz Blanco, Restos da(s) lingua(s): a escrita como síntoma.
– Venres 11 de maio: Ramiro Ledo, Reciclar a carraxe.
– Venres 25 de maio: Clara Gayo, Sempre que penso no medo, me ataca o amor.
– Venres 8 de xuño: Marta Pérez Pereiro, Errantes e místicas. Andar sen rumbo no cinema contemporáneo.
– Venres 15 de xuño: Miguel Mosqueira, A xentileza da desesperación.
– Venres 22 de xuño: Delmiro Rochá, A escritura poética ou a douta ignorancia.
Compostela: presentación de Movidas/Razóns de peso, de Clara Gayo
Este xoves día 22 de abril, ás 20:00 hh., Estaleiro Editora presentará, na biblioteca pública Ánxel Casal de Compostela Movidas/Razóns de peso, primeiro libro publicado da dramaturga e actriz Clara Gayo. O acto contará coa presenza da autora, que estará acompañada polo integrante de Estaleiro Editora e tamén escritor de teatro Marcos Abalde. Con este segundo libro da súa colección de teatro, Estaleiro continúa a apostar polo xénero dramático e por dar a coñecer a autoras sen obra publicada anteriormente.