Arquivos da etiqueta: Concello da Coruña
A Coruña: Noite de microrrelatos no Centro Ágora
A AELG súmase á Homenaxe A vida nunha cesta. Un agasallo para Manuel Lourenzo
A AELG súmase á Homenaxe A vida nunha cesta. Un agasallo para Manuel Lourenzo, organizada pola Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura.
MANUEL LOURENZO é o dramaturgo máis prolífico da historia do teatro galego, con máis de trescentas pezas de diferentes formatos, xéneros e estilos. Todas as súas pezas poñen en valor, a partes iguais, o literario e o teatral. A dramaturxia de Lourenzo asenta na palabra, explorando todas as súas capacidades performativas (na súa capacidade para facer e actuar, para mover), plásticas (na súa rendibilidade para xerar imaxes), sonoras (na exploración da musicalidade e de todos os seus reflexos) e ideolóxicas (porque nos seus textos o pensamento e as ideas ferven).
A obra de Lourenzo é, en si mesma, unha institución teatral de grande robustez e flexibilidade para atravesar os tempos e as modas. Nela conviven os mitos coas pequenas grandes historias do presente. Nelas entra o máis terrible e o máis marabilloso da condición humana.
Grazas a Lourenzo, desde mediados dos anos 60 até a actualidade, a praza pública do teatro, esa asemblea que se pensa xogando nos escenarios, nunca estivo baleira nin ficou pobre ou encollida.
Por iso Manuel Lourenzo soborda a Letra E de escritor, que lle concedeu a AELG, como máxima homenaxe, coa letra D de dramaturgo, porque a súa escrita salta dos libros á praza pública, a través dos corpos, as voces e o xogo teatral. Galiza é máis Galiza e nós somos máis nós na dramaturxia de Lourenzo.
(Texto elaborado por Afonso Becerra de Becerreá, coordinador da Sección de Literatura Dramática da AELG)
***
A Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura quere convidarvos á festa-agasallo para Manuel Lourenzo o día 19 de decembro de 2021, ás 19.00 horas, no Teatro Rosalía da Coruña, do mesmo xeito que vos anima a que estendades e acheguedes o convite a todas as persoas coas que vos relacionades, as que son as vosas amigas e, en definitiva, a espallar esta homenaxe por toda Galiza. Queremos un Rosalía cheo para Manuel.
A Coruña: A vida nunha cesta. Un agasallo para Manuel Lourenzo, o domingo 19 de decembro
Desde a AELG sumámonos a esta merecidísimo recoñecemento a Manuel Lourenzo, Socio de Honra da nosa Asociación desde 2007, cando recibiu a Homenaxe O Escritor na súa Terra na súa terra natal, O Valadouro.
“A Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura quere convidarvos á festa-agasallo para Manuel Lourenzo o día 19 de decembro de 2021, ás 19.00 horas, no Teatro Rosalía da Coruña, do mesmo xeito que vos anima a que estendades e acheguedes o convite a todas as persoas coas que vos relacionades, as que son as vosas amigas e, en definitiva, a espallar esta homenaxe por toda Galiza. Queremos un Rosalía cheo para Manuel.
Para facilitar o convite achegamos a tarxeta e o cartaz para que vos sirvan de altofalantes. Que non quede ninguén sen o seu convite para ir ao Rosalía o 19 de decembro.”
A Coruña: presentación de Incesante vagalume, de Ana María Fernández
A Coruña: XII Lúas de outono. Manuel María, o 15 de decembro de 2021
A Coruña: recital de Genaro da Silva e Olvido García Valdés no Ciclo Poetas Di(n)versos
A Coruña: crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria con Imma António Souto
Estas son algunhas das fotografías do Paseo pola Coruña Literaria con Imma António Souto, celebrado o pasado 27 de novembro. A crónica fotográfica completa, obra de Beatriz Maceda, pode verse aquí.
A Coruña: recital de Jesús Castro Yáñez e Aleš Šteger no Ciclo Poetas Di(n)versos
Paseos pola Coruña Literaria Outono 2021, con Imma António Souto, o 27 de novembro
Os Paseos pola Coruña Literaria Outono 2021 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, que permiten coñecer unha cidade diferente da man de diferentes autoras e autores.
– A inscrición, previa e obrigatoria, farase exclusivamente desde o luns anterior a cada paseo no correo inscricionslingua@coruna.gal indicando no asunto “Inscricións Paseos”
– Número máximo de participantes por paseo: 25.
– Todos eles comezarán ás 12:00 h., cunha duración aproximada de hora e media.
– A pesar de ser unha actividade exterior, as persoas deberán empregar máscara nos momentos nos que, para atender as explicacións, se deba permanecer de pé, e respectaranse as distancias de seguridade e o resto das medidas anti-Covid.
Sábado 27 de novembro: Imma António Souto. Irmandades teatrais.
Destinado a público a partir de 16 anos.
Un percorrido desde a necesidade da escrita dramática sinalada polas Irmandades da Fala ao cuestionamento do rol do teatro na nosa sociedade actual. Sería, con todo, un percorrido sentimental polas experiencias teatrais da dramaturga pola súa cidade natal, deténdose no propio anecdotario como actriz, dramaturga e voz necesaria para visibilizar as mulleres dentro do mundo teatral galego.















