Roteiro en Betanzos. O Campo: unha visita ao Betanzos fóra das murallas, con Xabier López, o 24 de novembro

O Roteiro en Betanzos. O Campo: unha visita ao Betanzos fóra das murallas, guiado por Xabier López, é unha actividade da AELG subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Betanzos.
Esta iniciativa pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria. O texto completo deste roteiro será publicado en breve aquí, a libre disposición da cidadanía.

O roteiro terá lugar o 24 de novembro, a partir das 18:30 horas, tendo como punto de saída a Porta da Vila.

A inscrición, libre e gratuíta, pode facerse previamente enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org, indicando o nome do roteiro, así como o nome e apelidos da(s) persoas(s) interesada(s) en participar como público.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Betanzos: presentación de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV) Tomo I. A relevancia do reino galego medieval, de Francisco Rodríguez