Arquivos da etiqueta: Concello de Bueu
Bueu: presentación da Obra poética completa, de Xosé Manuel Millán Otero
Bases do XX Premio de Xornalismo Johan Carballeira
Bases do XXVI Premio de poesía Johan Carballeira
Bueu: presentación de Campo de plumas nas V Xornadas pola diversidade afectivo sexual
Antía Yáñez gaña o XIX Premio Johan Carballeira de Xornalismo do Concello de Bueu
Desde o Concello de Bueu:
“Antía Yáñez resultou gañadora do XIX Premio Johan Carballeira de Xornalismo convocado polo Concello de Bueu con “A saúde mental en Galicia, en bragas’, publicada na revista Luzes e que destacou de entre as dezaseis obras presentadas. O xurado, que se reuniu na tarde deste martes, 3 de maio, coincidindo co Día Mundial da Liberdade de Prensa, estivo conformado polas xornalistas Cláudia Morán Mato, Marta Veiga Izaguirre (gañadora da pasada edición do certame), e Manuel A. Mosteiro García, en representación da Asociación de Amigos de Johan Carballeira. Na acta, o xurado salientou que “esta crónica xornalística vincula o persoal e o político, pois parte dunha vivencia propia entroncando coas opinións de profesionais e doutros doentes de forma fluída”. Así mesmo, “visibiliza o tema das enfermidades mentais, de urxente atención e agravadas pola pandemia, e da problemática que supón ter que enfrontarse a un profesional diferente cada vez que abres a porta da consulta”, sen esquecer “que o remate desta crónica, a pesar de ser breve, é moi expresivo e contundente”.
O premio, dotado con 1.500 euros, naceu coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johan Carballeira, quen tamén fora alcalde de Bueu ata o seu asasinato a mans dos franquistas. (…)”
Bueu: presentación de A soidade selénica, de Juan Parcero
Miguel Sande gaña o XXV Premio Johan Carballeira de Poesía do Concello de Bueu
Desde o Concello de Bueu:
“Miguel Sande resultou gañador do XXV Premio Johan Carballeira de Poesía convocado polo Concello de Bueu co poemario Brinde e desespero, que salientou de entre as cincuenta e sete obras presentadas. O xurado, que se reuniu este luns, 25 de abril, estivo conformado polo profesor e crítico literario Manuel Forcadela, a poeta e gañadora da anterior edición, Xandra Táboas, e o xornalista, crítico e editor César Lorenzo. Na acta, o xurado destacou que poemario aposta pola prosa poética, e parte da autoficción para presentarnos unha lectura sobre o cotián dende o ángulo do inesperado. A obra rompe con éxito a tensión entre pensamento e sentimento, e nel a realidade do cotián fala por si mesma, cunha expresión formal contida.
O premio, dotado con 1.500 euros, naceu coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johan Carballeira, quen tamén fora alcalde de Bueu ata o seu asasinato a mans dos franquistas. Amais, o poemario publicarase o próximo ano na colección de poesía da editorial Xerais. (…)”