Xosé Fuentes Alende gaña o premio de investigación Olimpio Arca

Desde Pontevedra Viva:
“Un traballo sobre os exvotos na relixiosidade popular galega foi elixido por unanimidade como o gañador da primeira edición do premio de investigación Olimpio Arca, convocado polo Concello de Cuntis.
O gañador, Xosé Fuentes Alende, é natural de Cuntis, que recibirá un premio de 1.500 euros.
O xurado do premio, formado por Mar Llinares García, Mercedes Queixas (en representación da AELG), Héitor Picallo (investigador cuntiense e coñecedor da figura de Olimpio Arca), Carlos Valle (director do Museo de Pontevedra), Gregorio Ferreiro (en representación da Secretaría Xeral de Política Lingüística), Mónica Arca (filla de Olimpio Arca) e Enrique Portela (concelleiro de Cultura), destaca que se trata dun traballo que significa unha grande achega ás temáticas de estudo dentro do ámbito galego e que ademais conta cunha maior proxección a nivel español e internacional.
Ademais, celebran que é unha investigación novidosa dentro do ámbito de estudo, é rigoroso, está escrito dun xeito impecable, o que facilita o acceso a diferentes planos de lectores, e que se trata dunha temática de actualidade.
A Concellería de Cultura de Cuntis traballa xa para iniciar os contactos para a súa publicación.
A entrega do premio terá lugar nun acto solemne o sábado 18 de novembro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres.”

Cuntis: homenaxe a Olimpio Arca Caldas

15055731_555635781304281_816691246167802927_n

Cuntis: presentación de As horas roubadas, de María Solar

OMaría Solar sábado 15 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres, en Cuntis, terá lugar a presentación do libro As horas roubadas, de María Solar, publicado por Xerais. No acto, organizado dentro do programa do Mes da Memoria Histórica do Concello de Cuntis, participa, xunto á autora, Encarna Otero.

A Estrada: presentación do libro Homenaxe a Olimpio Arca Caldas. Un mestre do pobo

Cj5KHqvWYAE4nFR.jpg:large