Arquivos da etiqueta: Concello de Lourenzá
Lourenzá: presentación de Francisco Fernández del Riego. Un loitador pola idea de Galicia, de Malores Villanueva
Lourenzá: XVI Agasalho a Luís Seoane
Lourenzá: presentación de Oda a Xesús Cristo, de Xosé A. Miguélez Díaz
Lourenzá: exposición Luís Seoane, natural
Lourenzá inaugura un roteiro literario dedicado a Fernández del Riego
Desde Fervenzas Literarias:
“O concello de Lourenzá presentou o Roteiro Literario Francisco Fernández del Riego. O roteiro ten como obxectivo honrar o legado dun persoeiro cun grande espírito de construción cultural e figura clave para o desenvolvemento da identidade de Galicia e da súa cultura, nado hai 102 anos nesta localidade lucense.
A elaboración do roteiro, que contou coa colaboración do goberno de Galicia a través da consellería de Cultura e Educación está composto por oito paradas nas que un fito convida a ler fragmentos da obra de Fernández del Riego, o roteiro literario percorre os escenarios orixinais da vida do intelectual. Desde a Praza do Conde, diante do busto que Lourenzá lle dedicou ao autor, o camiño parte cara a casa natal de don Francisco para realizar posteriormente parada en enclaves significativos da cultura da localidade que quedaron recollidos nas obras deste galeguista e que, en casos como a Ponte da Pedra, constitúen importantes elementos do patrimonio cultural galego.
Ademais dos devanditos lugares, o roteiro detense na praza Xulia Minguillón, no muíño do Frade, na rúa Fernández del Riego, na área recreativa de Soutelo e na Capela da Gracia, antes de volver ao punto de partida.”