Alexandre Peres: “Cervantes tivo un mecenas galego que lle retirou insultos no Quixote”

Entrevista a Alexandre Peres Vigo no Zig-zag da Televisión de Galicia:
Do ódio à paródia. O estereótipo antigalego na literatura espanhola do século XVII fai un repaso minucioso polos textos literarios, mais tamén pola visión que sociedade española tiña dos galegos. O autor Alexandre Peres Vigo, volve visitarnos aquí no estudio para presentarnos este traballo publicado por Através. A entrevista pode verse aquí.”

Alexandre Peres Vigo: “A literatura castelá do século XVII favoreceu a aparición do autoodio entre o galegos”

Entrevista de Cilia Torna a Alexandre Peres Vigo en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Acaba de publicar Através Editora un libro da súa autoría titulado Do ódio à paródia, onde se analiza o estereotipo antigalego na literatura española do século XVII. Como nace este proxecto?
– Alexandre Peres Vigo (APV): Pois podemos dicir que foi unha sucesión curiosa de feitos. O tema sempre me fascinou, e de feito ese período centrou boa parte da miña tese de doutoramento que tiven a honra de que dirixise Manuel Ferreiro. Hai que dicir que o tema leva décadas sendo estudado e este libro, impulsado por Através, pretende ser unha achega máis, exhaustiva, que nos axude a coñecer mellor esa imaxe, ese estereotipo tan sumamente deformado de nós como colectividade humana, como nación.
– ND: En termos xerais como foron descritos os galegos e galegas desa época na literatura do denominado “Século de Ouro español”?
– APV: Sen dúbida, dunha forma extraordinariamente negativa, e niso hai total unanimidade entre os estudosos e estudosas do tema, dentro e fóra de Galiza. E non é fácil atopar outros casos similares na literatura española. Dun punto de vista moral, eramos acusados de sermos ladróns, traidores, falsos, malos cristiáns ou herexes. Inclusive nos imaxinaba como seres feos e grotescos, de brazos e pés desproporcionados. Algún autor mesmo nos considerou “monstruos”, xa non digamos bestas. O noso idioma, por ser noso, tamén foi tratado de zafio e ridículo. No caso das mulleres esa ridiculización foi moi acusada, negábaselles todo o que a sociedade do momento valorada da muller. Por iso as mulleres galegas sempre son descritas como obscenas, rústicas e de modais baixos. Na maior parte dos casos somos retratados como inmigrantes míseros, criadas e lacaios cobizosos, sucios e bebedores. Podemos dicir que os galegos eramos vistos como a perfecta antítese dos valores cortesáns de Castela. O tema é moi longo mais creo que está ben resumido e organizado no libro. (…)”

A Coruña: actividades do 2 de agosto na Feira do Libro 2023