Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Rosalía Fernández Rial publica en Edicións Positivas o estudo teórico-práctico Aulas sen paredes. Pode accederse á entrevista aquí.”
Arquivos da etiqueta: Edicións Positivas
Compostela: presentación de Últimos bruídos, de Marga Tojo
A Coruña: Espazo Literario na Feira de proxectos de vida feministas Laborando
Dentro
da Feira Feminista Laborando, que terá lugar o sábado 26 de novembro, no Mercado de San Agustín, na Coruña, a Livraria Suévia organiza o Espazo Literario, coas seguintes actividades previstas:
Estarán asinando as súas obras:
– 12:00 h. Eli Ríos: Marta e a píntega. Conta-contos infantil.
– 12:30 h. Mercedes Leobalde: Funambulistas.
– 13:00 h. Dores Tembrás: Auga a través.
– 13:30 h. Rebeca Baceiredo: O canto da Sibila.
– 17:00 h. Andrea Barreira (Non hai luz sen escuridade) e Vanesa Santiago (Ninguén lembra). “Obradoiro para a bruxa moderna”.
– 17:30 h. Emma Pedreira: Corazón e demais tripas.
– 18:00 h. Beatriz Maceda: O álbum de Garrincha. Conta-contos infantil.
– 18:30 h. María Reimóndez: A dúbida.
– 19:00 h. María Canosa: Cando cae a luz.
– 19:30 h. Charo Pita: Oxalá estiveses aquí. Conta-contos infantil.
Marga Tojo: “É imprescindible reverter o camiño cara a un sistema sen lugar para a vida”
Entrevista
de Montse Dopico a Marga Tojo en Praza (foto de Gonzalo Cortizo):
“Nun futuro distópico, non fica lugar para os afectos nun sistema dominado pola tecnocracia Goldman Sachs. 5.000 cidadáns son forzados ao suicidio, 60.000 son deportados e milleiros de mulleres son violadas como arma de guerra. Ou é o presente? Un sistema deshumanizador que aniquila a vida para substituíla polo consumo e o dominio? Esta, xunto a outras, é a pregunta que formula o primeiro poemario publicado da xornalista Marga Tojo, Últimos bruídos (Positivas). Un derradeiro berro, di ela, para abrazar a vida, a empatía, os coidados, a comunicación. Desde a consciencia da nosa vulnerabilidade. Do que é realmente importante. A autora presentará en Santiago Últimos bruídos, -que está a piques de chegar ás librarías-, o vindeiro 15 de decembro no bar El Muelle.
– Praza: É o teu primeiro libro publicado. Hai moito que escribes?
– Marga Tojo: Levo escribindo historias e versos desde a infancia, desde que aprendín a escribir. Creo que non houbo un só día da miña vida que non escribise. Para min é unha constante. Son moi crítica co que escribo e ademais tiven a sorte de atoparme co xornalismo, un oficio fascinante, que permite, como a poesía, destapar realidades invisibles, agochadas, das políticas sociais, que son as que determinan as vidas das persoas. Son unha persoa fascinada desde nena polo poder das palabras.
Xa escribira antes outros libros de poesía, pero acabaron perdidos: por autocensura, por un traslado, por unha ruptura amorosa que se produciu cando aínda non tiñamos ordenador de uso propio… Con Últimos bruídos fun afortunada ao dar con Paco Macías, o editor de Positivas, que foi moi receptivo. É unha das poucas persoas que saben que eu escribía porque hai uns 13 ou 14 anos enviáralle uns poemas como adianto dun deses libros que despois se perderon…
É unha persoa cun ollo literario excelente, culto, aberto e sensible. Evidentemente, non o digo por min. Editou a Lois Pereiro. Non podo sentirme máis privilexiada de poder compartir colección con ese poeta. Tamén con Carlos Santiago, co colectivo Ronseltz, con Lupe Gómez, con Estevo Creus, Eduardo Estévez, María Reimóndez… (…)”
Lugo: presentación conxunta de Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira, e Literatura galega e pornografía, de Xulio Pardo de Neyra
O
sábado 5 de novembro, ás 12:30 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21), en Lugo, terá lugar unha presentación-vermú de Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira, e Literatura galega e pornografía, de Xulio Pardo de Neyra, publicados en Positivas. No acto participa, xunto aos autores, Marica Campo.
Compostela: presentación de Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira
A Coruña: presentación de Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira
Xurxo Chapela xunta 500 recordos en Lémbrome
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“O escritor de Carballo preséntanos o libro editado por Positivas que escoitamos esta semana na Páxina de narrativa. Á entrevista pode accederse aquí.”
Sorteo na rede (Facebook) arredor de Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira
Desde
o perfil de Facebook de Emma Pedreira:
“Estou pensando que tras tantas semanas de comentarios, reseñas, parabéns e ilusións arredor de Corazón e demais tripas é xusto devolver unha parte desa alegría e ser agradecida. Así, en colaboración coa artista do papel Mon-Mery e Edicións Positivas, quero agradecer todo o cariño e o humor compartillado nestes meses de existencia do libro, cun sorteo! ATENCIÓN: desde hoxe e ata o 1 de outubro, poderedes partivipar subindo ao meu perfil ou á páxina de Edicións Positivas selfis ou fotos chulas co libro, algún comentario e, por suposto, visitar a fantástica páxina de Mon-Mery. O premio? Este mini àlbume artesàn e único, cunha pequeniña sorpresa inédita no seu interior. A que esperades? Moita sorte e moitas moitas grazas!!”



