Rosa Aneiros, premio Merlín 2019: “Os heroes son rabudos, tamén teñen a súa parte escura”

Entrevista a Rosa Aneiros na Televisión de Galicia:
Xelís, o guieiro das botellas de mar gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil 2019. O libro, ilustrado por Andrés Meixide, conta a historia de Xelís e os guieiros da natureza loitando contra unha illa de plástico que ameza o planeta. A entrevista pode verse aquí.”

Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, premiado co San Clemente

Desde Sermos Galiza:
Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, recibe o premio na categoría de lingua galega da XXV edición dos premios San Clemente Rosalía – Abanca. Este recoñecemento súmase ao Premio Xerais de Novela (2018), o Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro de narrativa (2018) e o Premio Fervenzas Literarias á Mellor capa de adultos (2018), xa recollidos pola autora.
Este galardón é outorgado polo alumnado de bacharelato de distintos institutos: Ramón Cabanillas (Cambados), Francisco Daviña Rey (Monforte), Blanco Amor (Ourense), Rosalía de Castro, Xelmírez II e Pontepedriña (Santiago).
Emma Pedreira revisa en Besta do seu sangue o mito da licantropía, empregando diversos rexistros e múltiples voces. A trangresora e fragmentaria revisión en clave de xénero da historia de Romasanta cautivou un xurado mozo que actuou con plena independencia na súa escolla.
Magnetizado, de Carlos Busqued, foi galardoado na categoría de lingua castelá, mentres o italiano Antonio Manzini levou o recoñecemento por 7-7-2007 na de lingua estranxeira. “

Premios da Crítica Galicia 2019

Infamia, un “thriller” poético de Ledicia Costas

Desde Radiofusión:
““Quixen abrir o debate sobre as partes máis escuras da natureza humana, en torno ao lonxe que, no peor dos sentidos, pode chegar o ser humano”, salienta Ledicia Costas, que relativiza as súas semellanzas coa protagonista do volume: “Cando comecei a escribir pensei que a formación xurídica era a única coincidencia, pero despois de publicado o volume,coas entrevistas que me fixeron, fun descubrindo máis paralelismos, aínda que afortunadamente, eu non arrastro ningún trauma”. “Pero hai tamén trazos meus noutros personaxes, por exemplo que Lucas, que continuamente vai ao recurso lírico para expresarse”.
Pode escoitarse aquí.”