Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Antón Reixa publica Viva Galicia Beibe, un volume no que xunta as letras das cancións que escribiu entre 1982 e 2016. Pode accederse á entrevista aquí.”
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Isaac Xubín: “No futuro só haberá dous sabores: doce e salgado”
Entrevista
a Isaac Xubín en BiosBardia:
“(…) – BiosBardia (B): O deseño de Non hai outro camiño non responde ao habitual proxecto narrativo que se publica maioritariamente hoxe en galego. De onde xorde a idea desta obra?
– Isaac Xubín (IX): A miña primeira idea era escribir unha colección de relatos que nunha primeira fase do traballo tiñan moito de autobiográfico. Chegou un intre, perfilados a meirande parte dos personaxes principais, en que me decatei de que realmente estaba a traballar cunha novela. E supoño que é daquela primeira idea dos relatos do que xorde a estrutura da novela e que se mantivo porque me axudou a presentar nas páxinas iniciais da obra os protagonistas que habitan a cidade e as situacións que se producen.
– B: O auténtico protagonista da obra é a cidade de Staro Selo, un porto con evidente ar balcánico, do que incluso vostede deseñou a vista urbana que se pode ver na capa do libro. É un trasunto ou unha compilación de cidades?
– IX: O deseño da capa é fundamental, penso que é unha introdución coa que enceto o ‘estrañamento’ que tamén se produce mediante a onomástica empregada na novela.
En Staro Selo hai moitas cidades, moitos espazos que forman parte da miña historia vital. Por mor do traballo do meu pai, a nosa familia viuse na obriga de cambiar de residencia en numerosas ocasións (Espinosa, Astorga, Xixón…), unha forma de vida que despois eu tamén adoptei e que me leva agora a residir en Sheffield, unha cidade que me está a ensinar moitísimo. Quizais Staro Selo é unha amálgama de Vigo, Cork, Bilbao… (…)
– B: Está vostede de acordo en que esta novela forma parte desa tradición literaria? Como opera na súa creatividade literaria a tradición galega?
– IX: Síntome moi parte desa tradición literaria porque me acompañou durante unha época en que eu, parafraseando a Chao Rego, renacía galego. Pero tamén me sinto, de xeito humilde e aguerrido, como todos e todas as que decidimos en escribir en galego e só en galego, partícipe de toda a tradición galega… en Non hai outro camiño hai homenaxes evidentes a Blanco Amor, a Ánxel Fole e á literatura oral.
– B: Séntese partícipe dela (aínda que sexa en parte) ou busca os seus referentes fóra?
– IX: Quizais o feito de ter vivido tanto tempo fóra e estar en contacto directo durante longo tempo con realidades que non son a galega deume facilidade para acceder a materias, recursos e experiencias que me axudan no proceso creativo e a tomar conciencia de proporcións e perspectivas diferentes. Algo que por outra banda, na actualidade, non é tan difícil de adquirir cun computador e moitas ganas. Cando eu marchei ao País Vasco xa sabía algo de éuscaro grazas a un curso en liña da universidade de Deusto. (…)”
Booktrailer de Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz
Presentacións de Crónica córnica, de Francisco Coimbra
O
escritor Francisco Coimbra, finalista do Premio Xerais de Novela 2016 coa novela Crónica córnica, visita Galicia na semana do 23 ao 27 de xaneiro de 2017. Polo de agora, esta é a axenda de actos:
– Luns 23, ás 20:00 horas: Presentación da novela na Libraría Couceiro de Santiago (Praza de Cervantes, 6). Con Fran Alonso.
· Martes 24, ás 13:00 horas: Conferencia Estudos Galegos no Brasil no Instituto da Lingua Galega de Santiago (Praza da Universidade, 4).
– Mércores 25, pola mañá: Presentación da novela no IES A Sangriña de A Guarda.
– Xoves 26, ás 12:00 horas: presentación da novela no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (Campus universitario As Lagoas, Marcosende). No acto, organizado en colaboración co Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo, participan, xunto ao autor, Anxo Angueira, Xosé Henrique Costas, Xosé Luís Méndez Ferrín.
Isaac Xubín gaña o V Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía
Bases da 34ª edición do Premio Xerais de Novela
Bases da 9ª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil
Bases da 32ª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil
Ponteareas: presentación de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas
Primeira eliminatoria do concurso Microcatrorrelatos 2017
Aquí están as bases completas.




