Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Culturgal, Pontevedra: actividades literarias destacadas do venres 1
Do
1 ao 3 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, e con horarios de 11:00 a 21:00 horas o venres 1 e sábado 2, e de 11:00 a 20:00 horas o domingo 3, terá lugar o Culturgal 2017. O prezo das entradas é o seguinte: “a entrada xeral por día ten un prezo de 2 euros, entregarémosche unha pulseira e entrarás e sairás do recinto cando queiras durante ese día. Se queres acceder máis de 1 día, tes unha pulseira de 3 euros coa que poderás entrar e saír durante os 3 días. Nenas e nenos até 12 anos (incluídos) pagan 1 euro por día e 2 euros pola pulseira bono. Menores de 3 anos non pagan entrada.”
As actividades literarias destacadas do programa para o venres 1 son:
– 18:00 h. Espazo infantil Deleite. A galiña azul. Secretaría Xeral de Política Lingüística. Programa FalaRedes 2017. Actividade teatral de dinamización da lingua galega inspirada na obra homónima de Carlos Casares, a cargo de Ubú Teatro.
– 19:30 h. Espazo Libro. Mesa redonda «Teatro nas escolas». Edicións Fervenza. Con Raquel Castro, Carlos Labraña, Xosé Lois García e José Luis Graña.
– 19:30 h. Espazo Infantil Deleite. O branco non pinta!. Apiario. Con Antía Otero, autora, que contará o conto que María Brenn, ilustradora, debuxará en directo.
– 20:00 h. Sinatura de Xabier P. DoCampo (stand Xerais).
– 20:30 h. Manuel Bragado conversa con Xabier P. DoCampo sobre A nena do abrigo de astracán, publicado en Xerais.
A Coruña: presentación de Luns, coa súa autora, Eli Ríos
Vigo: presentación de A cadencia da fractura, de Isaac Xubín
Entrevista a Xabier P. DoCampo sobre A nena do abrigo de astracán (II)
Conversa coa escritora Eli Ríos, que acaba de recibir varios premios pola súa obra
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Muller brava, sempre, Eli Ríos parece que leva uns meses máis visceral ca nunca. Escritora, narradora, poeta, gañadora do Torrente Ballester coa novela Luns e gañadora tamén do Gonzalo López Abente de poesía. Mirando á vida, a vida real fronte a fronte, sen moito glamour nin artificios, nin likes, soltando dragóns polo mundo, e declarándose culpable abertamente. E non só iso, rétanos a participar do seu crime. Pode verse aquí.”
Betanzos: presentación de Luns, de Eli Ríos
Compostela: presentación de A contradición permanente, de Martiño Noriega e Daniel Salgado
Lugo: presentación de A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo
Gondomar: María Reimóndez e Xavier Estévez en Espazo Lectura
María Reimóndez
participa na próxima sesión do Comando Le
O sábado 25 de novembro, de 20:00h a 00:00h, a Casa da Lectura de Gondomar acollerá unha nova sesión do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura para mozos e mozas de máis de 12 anos. Nesta ocasión a sesión xirará arredor da novela Corredora, de María Reimóndez, publicada por Edicións Xerais, e incluiranse diferentes actividades que nos permitirán reflexionar xuntos sobre a realidade que presenta esta novela que lles propuxemos como lectura aos comandoleiros e comandoleiras. Como é habitual, haberá unha pausa para a cea polo que os rapaces e rapazas que asistan deberán levar algo para compartir.
Xavier Estévez estará no club de lectura infantil Lendo Contigo
Tamén o sábado, pero ás 12 da mañá, a Casa da Lectura acollerá a sesión mensual do club de lectura compartida Lendo Contigo. Nesta ocasión, os nenos e nenas que queiran participar, falarán e compartirán experiencias arredor do libro Avións de papel, de Xavier Estévez, unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa. O propio autor estará na sesión para conversar coas familias participantes.





