Pontevedra: presentación de Non hai outro camiño, de Isaac Xubín

O isaac-xubin-2luns 26 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa das Campás (Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, Rúa Don Filiberto, 9- 11), da man do Ateneo de Pontevedra, Isaac Xubín presenta Non hai outro camiño, publicado por Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Manuel Bragado, Xaime Toxo, Ana Acuña e Anxo Angueira.

Compostela: presentación de Exhumación, de Marcos Abalde

OMarcos Abalde xoves 22 de setembro, ás 20:00 horas, en NUMAX (Rúa Concepción Arenal, 9), en Santiago de Compostela, preséntase o poemario Exhumación, de Marcos Abalde, Premio Lueiro Rey 2016, publicado por Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Irma Amado e Manuel Bragado.

Ledicia Costas: “Escribir en galego implica moitas renuncias, tamén unha conciencia”

EntrevistaLedicia Costas a Ledicia Costas en Faro de Vigo:
“(…) – Faro de Vigo (FV): As mulleres teñen moito peso nesta historia [Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta].
– Ledicia Costas (LC): Nos últimos anos as mulleres, e falo en concreto da literatura infantil e xuvenil, son protagonistas e creo que iso é algo positivo porque en décadas anteriores non era así. A min interesábame relatar a historia dunhas mulleres cunhas características moi singulares. A pesar de que elas viven dentro de esa ficción literaria nun momento histórico onde todas as grandes fortunas estaban manexadas por homes, como Sanjurjo Badía ou o propio Verne, elas teñen a forza, a fouteza e a coraxe necesaria para conseguir aquilo que elas se propoñen. Esa era a miña idea central, que a súa valentía fose suficiente. (…)
– FV: É unha grande defensora do galego, pero este libro se publica tamén en castelán…
– LC: Si, e en breves tamén en catalán. Malia que temos moi poucos apoios e é complexo o tema das traducións, escribir en lingua galega implica moitas renuncias, tamén implica unha conciencia e un posicionamento claro con respecto á lingua e creo que aquí hai que escribir dende o galego.
– FV: Ambientar a obra en Vigo foi gratificante?
– LC: Ese é outro dos fíos dos que tirei. Vigo para min é unha cidade moi literaria e como escritora ter a posibilidade de ambientar unha novela na cidade na que vivo é fantástico. Declárome fan e unha namorada da cidade na que vivo e dalgún xeito quixen facerlle unha grande homenaxe a miña cidade e que mellor maneira que escribir unha novela. (…)”

Vigo: presentación de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas

OLedicia Costas venres 16 de setembro, ás 19:30 horas, na Avenida de Beiramar de Vigo, a carón da estatua de Jules Verne no Náutico, terá lugar a presentación da novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, publicado en Xerais. No acto participan, xunto á autora, Antonio Giráldez Lomba, María Xosé Queizán, Eduardo Rolland e Manuel Bragado.