Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A Teoría do riso, de Antón Patiño, publicada en Xerais, é unha obra en que o autor reivindica o riso revolucionario e transgresor fronte á descomposición e á decrepitude do poder. É un poemario de “intres”, onde o son da palabra falada reflicte a súa sombra no espazo branco das páxinas. A entrevista pode verse aquí.”
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
A Coruña: presentación de O último día de Terranova e A boca da terra, de Manuel Rivas
O
xoves 25 de febreiro, ás 19:00 horas, na FNAC da Coruña (Praza de Lugo, s/n), terá lugar a presentación, lectura e coloquio arredor da novela O último día de Terranova e do poemario A boca da terra, de Manuel Rivas, publicados por Xerais.
Padrón: presentación de Follas novas, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira
O
mércores 24 de febreiro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Padrón (Campo do Souto, 2), preséntase a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, a cargo de Anxo Angueira, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor do estudo crítico da obra, participan Manuel Bragado, Chus Senín Fernández e Antonio Fernández Angueira. Ao remate da presentación terá lugar un concerto do grupo musical Xardín desordenado.
Compostela: conversa con Manuel Rivas arredor de O último día de Terranova
O
venres 19 de febreiro, ás 20:00 horas, na Librería Cronopios (Rúa Alfredo Brañas, 24) de Santiago de Compostela, a xornalista Susana Pedreira manterá unha conversa con Manuel Rivas sobre a súa novela O último día de Terranova, publicada por Xerais.
Ledicia Costas e Marcos Calveiro inician as charlas en centros de ensino vigueses promovidas por Faro de Vigo
Desde Xerais:
“O Faro de Vigo publica unha información sobre as charlas que os escritores Ledicia Costas e Marcos Calveiro imparten en nove centros de ensino vigueses sobre a súa obra literaria dentro dunha programación promovida polo devandito xornal e o Faro da Escola.”
Manuel Rivas: “Estamos ante a aldraxe das aldraxes”
Pontevedra: presentación de O dobrón de a oito, de Alberto Fortes
O
venres 12 de febreiro, ás 20:00 horas, n’ A Casa da Luz (Praza da Verdura, s/nº) de Pontevedra, terá lugar a presentación da novela O dobrón de a oito, de Alberto Fortes, publicada por Xerais. No acto, organizado pola editora en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participan, xunto ao autor, Antón Sobral e Manuel Bragado.
Ferrol: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
Ramón Caride fala de Liquidación de existencias
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“O escritor Ramón Caride fala de Liquidación de existencias, un libro sobre a actualidade en modo “apocalipse selfie”. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Manuel Rivas no Ateneo de Pontevedra, por Manuel Bragado
Artigo
de Manuel Bragado en Brétemas:
“Manuel Rivas deu a benvida ao máis do cento de persoas participantes onte na presentación no Ateneo de Pontevedra d’ O último día de Terranova lendo «A perpetuidade da aldraxe perfecta», o manifesto que publicará nos próximos días no número 26 da revista Luzes. O que Rivas denominou «a aldraxe perfecta» e «a aldraxe das aldraxes», a extensión da concesión de ENCE durante os vindeiros sesenta anos aprobada polo goberno en funcións, chama á mobilización de todas aquelas persoas non adscritas ao partido conformista. Foi, despois, a activista Carme Durán, quen presentou a Manuel Rivas e quen recomendou moi vivamente a lectura d’ O ultimo día de Terranova. Comezou salientando Rivas que «a novela comeza nun intre de apocalipse do que os protagonistas non foron informados, un día de derrota na súa vida, de afundimento». Continuou sinalando que, porén, «nesa derrota da linguaxe e da vida, aparecía a pulsión do desexo, un puxilato con Tánatos, que permite enfrontarse coa realidade». «O último día de Terranova naceu da necesidade de establecer unha simetría, un xeito de adestramento, de autodefensa.»
«A literatura ordena, permite deseñar un mapa onde pousar os principios de realidade, mais tamén é capaz de desequilibrar e cuestionar.» «Na novela existe unha psicoxeografía de espazos interiores, historias de idas e voltas sobre un un espazo de refuxio, que tamén é de asedio.» Reflexionou despois Rivas sobre o que foi aquí a serie negra: «Como sucede coa serie negra en España as chamadas “historias da Guerra” son a nosa verdadeira serie negra. Mais aínda cando a maior organización criminal, durante décadas, foi en España o estado. Na novela está isto presente co caso da poliomelite que demostrou que a ditadura, un estado corrupto, afectou tamén sobre os corpos. Como sinala Vicenzo Fontana, o libreiro narrador da novela, “o meu corpo é un manifesto”.» «Na novela fálase moito dos corpos, hai varios personaxes que son substitutos, que nos mergullan nunha realidade inquedante.»
«O gran drama no que sucumbe Terranova é que a realidade intelixente abanea e, pola contra, camiñamos cara a distopía, cara aqueles tempos difíciles dos que falaba Dickens, onde todo se medía polas cifras, onde todo o que non se pode vender obtendo beneficio non merece existir.» «Fronte a isto, na novela prodúcese unha rebelión das palabras que se converten en imaxes de desexo.» «Como tamén un encontro entre a cultura popular e a cultura literaria, entre iguais. Hai un fío con libros anteriores, sobre todo con Os libros arden mal, ambos os dous historias dramáticas da cultura. Como lembra Walter Benjamin a racionalidade da cultura ten no seu envés a barbarie.»


