Desde
Xerais:
“O IES Pintor Colmeiro de Silleda dedicou unha aula a Antonio Reigosa, tal e como recolle o blog Trafegando ronseis.
“Onte foi outro deses días extraordinarios que a min me deixan totalmente exhausta pero completamente satisfeita. Recibir un escritor, amigo, e que a homenaxe saia ben, que os bos momentos sexan todos, e que as brétemas que ás veces nos alcanzan cheguen a desaperecer… Temos un alumnado marabilloso, entregado, simpático… disposto a quedar sen recreos, a facer horas “extras” para agasallar cun álbum, para ensaiar unha obriña. Estou absolutamente rendida á súa xenerosidade.
Por suposto, Reigosa deleitounos coa súa retranca e os seus contos. Como o d‘O gato con botas en versión moderna. E contestou preguntas e o tempo voou. (…)”.
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz, encabeza as Listas de Honra da revista CLIJ
Desde
Xerais:
“A novela Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz, encabeza as Listas de Honra da revista Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil na categoría de libros para máis de 14 anos.”
Pontevedra: actividades do xoves 23 na Feira do Libro
O
xoves 23 de maio continúa a Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:
Xoves 23
– 18:00 h. Presentación do libro Miniaturas de Eugenio Granell. Música revelada. Participarán no acto Ramom Pinheiro (director artístico) e Alejandro Vargas (compositor e director musical), que interpretará varias cancións do disco.
– 19:00 h. Ramón Caride presenta o seu libro Endogamia 0.2 (segunda entrega do proxecto Aktual, da colección Fóra de xogo), publicado por Xerais. Participarán no acto Manuel Busto, Fran Alonso e o autor.
– 20:00 h. Presentación da novela Faneca Brava, do escritor Manuel Portas, publicada por Xerais. Xunto co autor, participarán no acto Antón Sobral e <a href="http://www.aelg.org/Centrodoc%
Compostela: presentación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira
O
xoves 23 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, preséntase Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira, publicada en Xerais. No acto, xunto ao seu editor, participa Manuel Bragado.
Manuel Portas presenta Faneca Brava
O aprendiz do home do saco e Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro na Feira de Lugo
Desde
El Progreso, a
través de Xerais:
“(…) Comezou a dobre sesión continua coa estrea do novo libro infantil de Antonio Reigosa, O aprendiz de home do saco, un álbum ilustrado por Marta Álvarez Miguens para a serie Merliño. Iniciou o seu discurso Reigosa explicando que o título fai referencia ao Home do saco, Sacaúntos, Sacamanteigas, diversos nomes para chamar por un «personaxe que nos mete medo». «Pretendín traer á actualidade un mito tradicional e actualizalo no marco da cultura de hoxe». Despois relatou a cerna da historia: «O home do saco, o que pon medo, enferma gravemente. Ten un fillo, que é nugallán, que por fin accede a facer o traballo. Até aí podo e debo contar». Comentou que utilizara a estrutura do conto da leiteira «coa intención de acometer a actualización». «O do conto da leiteira ten a súa orixe nun conto protagonizado por un bramán indio». Preguntouse Reigosa se os nenos de hoxe teñen medo ao home do saco. «Cales son os personaxes actuais que teñen aparencia monstruosa? Cada momento da historia ten os seus homes do saco». Rematou a súa intervención gabando o traballo de ilustración de Marta Álvarez, «que entrou nos detalles da historia, superando as miñas expectativas» e recomendou a lectura acompañada do libro, «moi necesaria nestes textos que teñen a súa orixe na literatura popular».
Foi a segunda presentación a da multipremiada biografía de Celso Emilio Ferreiro preparada por Ramón Nicolás. Interviu Luís Ferreiro, director da Fundación Celso Emilio Ferreiro, para salientar a importancia desta biografía no marco da exitosa celebración do centenario do poeta. Pola súa banda, Ramón Nicolás, despois de lembrar os seus vencellos coa cidade e provincia de Lugo, onde exerceu a docencia, abordou os eixos fundamentais utilizados na confección da obra: a documentación oral por medio de numerosas entrevistas, a consulta documental e hemerográfica de centos de publicacións, así como a lectura do epistolario conservado no arquivo da Fundación Celso Emilio Ferreiro, «fontes que me permitiron introducir novidades no periplo vital do poeta de Celanova». Pechou a súa intervención coa lectura dunhas páxinas desta biografía pola que o vindeiro 15 de xuño recibirá o premio Losada Diéguez ao mellor libro de non ficción de 2012.”
A Estrada: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez
O
mércores 22 de maio, ás 21:00 horas, no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (Avenida Benito Vigo, 92), preséntase Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicada en Xerais. No acto, coorganizado pola editorial, o Concello da Estrada, a Biblioteca Antón Losada Diéguez, e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Losada Diéguez, participan, xunto ao autor, Xoán Carlos Garrido, David Otero e Manuel Bragado.
Redondela: relatorio de Roberto Pascual sobre Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro
Santa Cruz, Oleiros: presentación de Feminismos, de María Reimóndez e Olga Castro
Preséntanse 41 orixinais no Premio Xerais de Novela e 39 ao Premio Merlín do 2013
“Este
ano 2013 compiten 41 orixinais na XXXª edición do Premio Xerais de Novela e 39 na XXVIIIª do Premio Merlín.
Os xurados declararán as obras finalistas na súa primeira reunión, que se celebrará o venres, 31 de maio. Os premios serán fallados o sábado 8 de xuño na illa de San Simón.
O xurado da XXX edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 15.000 euros e no que concorren corenta e unha obras, está formado por: Cristina Domínguez Baños (xornalista), Elisa Iglesias Gil (licenciada en tradución e interpretación), Ramón Rozas (xornalista), Iago Martínez (xornalista), Raquel Feijoo Casas (xornalista) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.
O xurado da XXVIII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorren trinta e nove obras, está formado por: Rocío Carballeda Alonso (profesora), Mar García Pérez (licenciada e filoloxía hispánica e bibliotecaria), Isabel Mociño González (doutora en filoloxía galega e docente na Universidade de Vigo), Montse Pena Presas (licenciada en filoloxía galega, profesora da Universidade de Santiago e crítica literaria), Antonio Seijas Cruz (ilustrador e deseñador) e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.
Os dous xurados determinarán as obras finalistas na súa primeira reunión, o venres 31 de maio, e as gañadoras, na segunda, a celebrar o sábado 8 de xuño. A festa de fallo dos premios terá lugar ese mesmo día na illa de San Simón.”

