Entrevista
a Antonio García Teijeiro en Atlántico Diario:
“(…) – Atlántico Diario (AD): Este libro [Un rato díxolle á lúa] prepara ao público para un primer contacto coa poesía?
– Antonio García Teijeiro (AGT): Diríxese dende nenos ata adolescentes. Ten poesía con música, con xogos, con rimas e onomatopeias. Pero tamén hai crítica. Pese a ter unha lectura doada, precisa volver sobre os versos. Aos rapaces hai que lles ensinar a reflexionar.
– AD: Como se satisfai a un lector infantil de poesía?
– AGT: Aos nenos gústalles a poesía. Precisan dun mediador a quen tamén lle guste (pais, mestres ou bibliotecarios) e que contaxien ese entusiasmo.
– AD: Contará coa presenza dun gran amigo, Paco Ibáñez, a músicar a súa escrita.
– AGT: Musicou tres poemas nunha gravación de xeito informal na súa casa e resultou magnífico. Van no cd de acompañamento, xunto a outros tres poemas recitados por min e acompañados pola súa guitarra. É unha honra que alguén da categoría de Paco Ibáñez cante en galego, que se preocupe polas linguas minorizadas e que cante tres poemas meus. Pero como di el, o que ocorre é que lle gustaría ser galego.
– AD: Como iniciaron a súa química?
– AGT: Hai moitos anos presentounos Rafael Alberti en Madrid. Houbo moi boas sensacións, víamonos e mandáballe os meus libros e un día elixíu Que ocorre coa terra, cantándoa por todo o mundo.”
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Obras finalistas dos Premios Xerais 2013
“O
xurado da XXX edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 15.000 euros e no que concorren corenta e unha obras, formado por Cristina Domínguez Baños (xornalista), Elisa Iglesias Gil (licenciada en tradución e interpretación), Ramón Rozas (xornalista), Iago Martínez (xornalista), Raquel Feijoo Casas (xornalista) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas cos lemas Amor en alpargatas, Bela Czarda e Cadeas.
O xurado da XXVIII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorren trinta e nove obras, formado por Rocío Carballeda Alonso (profesora), Mar García Pérez (licenciada e filoloxía hispánica e bibliotecaria), Isabel Mociño González (doutora en filoloxía galega e docente na Universidade de Vigo), Montse Pena Presas (licenciada en filoloxía galega, profesora da Universidade de Santiago e crítica literaria), Antonio Seijas Cruz (ilustrador e deseñador) e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas cos lemas O corazón da maxia, O fío vermello, Sochantre de Pontivy e Thomas Lang.
Os xurados celebrarán a súa reunión definitiva o sábado 8 de xuño. A comunicación do fallo dos premios terá lugar ese mesmo día na illa de San Simón nun acto no que actuará como mantedor literario o escritor Xabier P. DoCampo.”
Monforte: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
A Pobra do Caramiñal: presentación de Faneca Brava, de Manuel Portas
Santiago: presentación de Antoloxía da literatura galega. Anthology of Galician Literature, de Jonathan Dunne
O
xoves 30 de maio, ás 13:00 horas, na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela (Avenida Xoán XXIII, s/n), preséntase a Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1981-2011, de Jonathan Dunne, publicada conxuntamente por Xerais, Galaxia e a Xunta de Galicia. No acto intervirán, xunto ao seu autor e tradutor, Anxo Lorenzo, Víctor Freixanes, Manuel Bragado e Carina Fernández.
Santiago: presentación de Tastarabás, de Antón Cortizas
O
mércores 29 de maio, ás 19:00 horas, no Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro, 107) de Santiago de Compostela, preséntase Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, de Antón Cortizas, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Valentín García Gómez e Manuel Bragado.
Vigo: presentación de Un rato díxolle á lúa, de Antonio García Teijeiro
O
martes 28 de maio, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase Un rato díxolle á lúa, de Antonio García Teijeiro, publicado en Xerais. No acto, participan, xunto ao autor, o ilustrador, Xosé Cobas, o músico Paco Ibáñez, quen tocará varios temas, Román Raña, Fran Alonso e Manuel Bragado.
Taboleiro do libro galego (X), por Ramón Nicolás
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí a nova entrega da listaxe de libros en lingua galega máis vendidos na última quincena. Á colaboración das dezaseis librarías habituais -Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith e Livraria Suévia- súmaselle o concurso desde hoxe da libraría betanceira Carricanta. A todas elas a miña gratitude.”
NARRATIVA
1º-. Faneca Brava, de Manuel Portas, Edicións Xerais.
2º-. Infiltrados, de Alfonso Eiré, Biblos.
3º-. As vidas de Nito, de Xabier Paz, Edicións Xerais.
4º-. Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, Editorial Galaxia.
5º-. Pastoral americana, de Philip Roth, Faktoría K de Libros (tradución de Fernando Moreiras).
POESÍA
1º-. Cantares gallegos, Rosalía de Castro, Edicións Xerais (ed. Anxo Angueira).
2º-. Esplendor arcano, de Ramiro Torres, Grupo Surrealista Galego.
3º-. Carne de Leviatán, Chus Pato, Galaxia.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Obras completas I e II, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
2º-. Un chapeu negro e un nariz de pallaso, Montse Pena e Gonzalo Enríquez, Galaxia.
3º-. Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro, de Roberto Pascual, Edicións Xerais.
4º-. Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, Edicións Xerais.
5º-. Matriarcas, de Montse Fajardo, autoedición.
INFANTIL-XUVENIL
1º-. O cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, Nova Galicia Edicións-A porta verde do sétimo andar.
2º-. A nena á que non deixaban ser feliz, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, A porta verde do sétimo andar.
3º-. Dragal II, de Elena Gallego, Xerais.
4º-. A evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly, Faktoría K de Libros (tradución de Carlos Acevedo).
5º-. Man, o alemán de Camelle, de Beatriz Maceda e Laura Veleiro, Galebook.
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. Rosalía pequeniña, de Uxía Senlle, Editorial Galaxia.
2º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
3º-. Bicos de música, de Mamá Cabra, Editorial Galaxia.
BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Marcopola 2, de Jacobo Fernández Serrano, Xerais.
Antonio García Teijeiro: “Se non hai mediadores que os contaxien, os nenos non chegarán á poesía”
Entrevista
a Antonio García Teijeiro en Faro de Vigo, desde Xerais:
“(…) Antonio García Teijeiro conoció a Paco Ibáñez a través de Rafael Alberti en el año 1987. “Para mí fue como un sueño porque Paco fue el mejor profesor de literatura que tuve y entré en la poesía de su mano y de la de Bob Dylan”, recuerda el autor. Teijeiro asegura que desde el momento de conocerse tuvieron “buenas sensaciones”, al tiempo que lamenta “el escaso interés que se muestra en España por su obra, mientras que en otros países como en Francia se estudia en las escuelas”.
La amistad que se creó entre ambos se fraguó también a base de cartas en las que Antonio enviaba sus poemas a Paco. El cantautor “adoptó” tres de ellas para su propio repertorio. Antonio no quiso perderse “el regalo más hermoso que me han hecho” y, hace dos veranos, grabaron los temas que, ahora, se incluyen en un CD que acompaña a la antología de poemas en gallego de Teijeiro.
“Es muy admirable el amor que siente este hombre por las lenguas minoritarias y, cuando grabamos estas canciones, él me dijo que se sentía también gallego”, recuerda el escritor. (…)”
Pontevedra: actividades do sábado 25 e domingo 26 na Feira do Libro
O
sábado 25 e domingo 26 de maio finaliza a Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:30 h.), cos seguintes actos literarios destacados:
Sábado 25
– 12:30 h. Pedro Feijoo asinará exemplares do seu libro Os fillos do mar.
– 18:30 h. María Reimóndez asinará exemplares do seu libro En vías de extinción, publicada por Xerais, na caseta da Libraría Paz.
– 19:00 h. Elena Gallego Abad na Feira do Libro. Sinatura encontro cos lectores da triloxía Dragal, (a serie do dragón galego), publicada por Xerais.
– 19:00 h. Presentación do libro Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez, publicado por Xerais. Participan no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial e a autora do libro.
– 20:00 h. A escritora Valentina Formoso, presenta o seu libro Do estigma á estima, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Kiko da Silva asinará exemplares dos seus libros na caseta de libraría Seijas.
Domingo 26
– 12:00 h. Alberte B. Casal asinará exemplares do seu libro Arcadia. Os gardiáns do secreto, publicado por Círculo Rojo Editorial, na caseta da libraría D-Lectum.
– 13:00 h. Contos para quitar os medos. Contacontos a cargo de Paula Carballeira.
– 18:00 h. Actuación de Susa Herrera, coas cancións dos seus libros para nenos. Ao remate do acto, asinará exemplares dos seus libros Cabárceno, Animais encantadores e Todos os animais ao caixón, na caseta de Libraría Seijas.
– 19:00 h. Tomás Gómez Ahola asinará exemplares do seu libro Galiza Mutante, poder nuclear, publoicado por Urco Editora, na caseta da Libraría Paz
– 19:00 h. Presentación do libro Nair, de José Estévez López, publicado pola editorial Redelibros. O autor falará deste libro e de Fugaz coincidencia, de mesma colección.
– 19:30 h. Presentación do poemario Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez Tellado, publicado pola editorial Redelibros.
– 20:00 h. Presentación do libro Nada se esquece, de Puri Ameixide publicado pola editorial Redelibros
– A partir das 19:00 horas, os autores asinarán exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Cartabón.

