“As
editoriais galegas expoñen os seus libros na FIL baixo as marcas Galicia e Galician Books e dentro do stand compartido pola Asociación Galega de Editores e a Xunta de Galicia. A Cámara de Comercio da Coruña apoia a presenza dos editores cunha misión, na que tamén viaxa a Secretaria Xeral Adxunta, Ana Agras Gómez. A FIL comeza o 27 de novembro e remata o 4 de decembro. Os organizadores do evento conseguiron que sexa a Feira do Libro máis importante de Lationoamérica e tamén difundir a idea de que a Cultura é a solución. Alemania é a cultura convidada desta edición. Desprázanse a Guadalajara: Francisco Villegas, de Cumio e Ellago; Benigno Paz, de KNS Ediciones; Ainhoa A. Borrás e Pedro López, de Ideas Propias, Atanasio Murillo e Manuel Conde, de Editorial Supérate; Xosé Ballesteros, de Kalandraka; Xosé Manuel Figueiras, de Distribucións Arnoia e Victor Cando de Librerías Nobel; Manuel Bragado, de Edicións Xerais e a secretaría técnica da AGE. Dende a Consellería de Cultura desprázase o Director Xeral do Libro, Francisco López. Amosan os seus libros e novidades editoriais, Editorial Ideas Propias, Editorial El Patito, Baía Edicións, Kalandraka Editora, Ediciones del Viento, Embora Edicións, Editorial Supérate, MC Sports, Editorial Linteo, Edicións Espiral Maior, Biblos Clube de Lectores, Edicións Nova Galicia, Auga Editora, Editorial Galaxia, Ir Indo Edicións, KNS Ediciones, Editorial Everest Galicia, Edicións Xerais, OQO Editora e Edicións Toxosoutos. Disporán de stand propio na FIL: Kalandraka Editora, Editorial Ideas Propias, Distribucións Arnoia, Edicións do Cumio e Librerías Nobel.
Programa de actividades na FIL
O 27 e 28 de novembro a AGE manterá diversas xuntanzas con editores e axentes mexicanos. O 29 de novembro entrégaselle a Agustín Fernández Paz o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Está previsto que asistan o Presidente da AGE e o Director Xeral do Libro. O programa Ecos de la FIL, consistente na presentación dos autores e as súas obras a colectivos educativos, contempla a participación de Rosa Aneiros e Marcos Calveiro, o día 30 de novembro na Asociación de Clubs de Lectura e na Escola Secundaria nº24. O día 2 de decembro estarán en na Sala de Lectura de Colima e no Colexio Alpes Cumbres. Ese mesmo día participará tamén en Ecos de la FIL o autor premiado, concretamente na Preparatoria nº 2. Aneiros presentará a Fernández Paz na actividade El placer de la lectura, que terá lugar o día 30 de novembro. O día 1 de decembro os autores participarán nun encntro con nenos indíxenas da Serra de Durango, xunto á xornalista mexicana Lidya Cacho. Ese mesmo día e ás 6 da tarde, terá lugar Voces de Galicia, unha presentación da literatura galega na FIL.” Vía AGE.
Arquivos da etiqueta: Editorial Toxosoutos
Santiago: presentación de Brais, de Guillerme Coen
O
martes 15 de novembro, ás 19:45 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase a novela Brais, de Guillerme Coen, publicada en Toxosoutos. No acto intervirán, acompañando ao autor, Euloxio R. Ruibal e David González Couso.
Santiago: presentación de Pintalabios, de Ana Cibeira
O
mércores 9 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o poemario Pintalabios, de Ana Cibeira, publicado en Toxosoutos. No acto, acompañando á autora, participan Antía Otero e David González Couso.
Santiago: presentación de Asasinos, asasinos, asasinos!, de Vicente Piñeiro
O
mércores 19 de outubro, ás 19:45 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase a novela Asasinos, asasinos, asasinos!, de Vicente Piñeiro, publicada en Toxosoutos. No acto interveñen, acompañando ao autor, Ánxela Gracián e David González Couso.
Monforte: presentación da obra poética completa de Xosé Lois García
O
martes 18 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de España, 2) de Monforte, preséntanse Por ninguén aloumiñada e No sangue dos bardos, os dous tomos que conforman a obra poética completa de Xosé Lois García, publicados en Toxosoutos. No acto, acompañando ao autor, participa Camilo Gómez Torres.
Lugo: presentación da obra poética completa de Xosé Lois García
O
venres 14 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, preséntanse Por ninguén aloumiñada e No sangue dos bardos, os dous tomos que conforman a obra poética completa de Xosé Lois García, publicados en Toxosoutos. No acto, acompañando ao autor, participa Camilo Gómez Torres.
Santiago: presentación da obra poética completa de Xosé Lois García
O
martes 11 de outubro, ás 19:45 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntanse Por ninguén aloumiñada e No sangue dos bardos, os dous tomos que conforman a obra poética completa de Xosé Lois García, publicados en Toxosoutos. No acto, acompañando ao autor, participan Héitor Picallo, Uxío Novoneyra Rei e David González Couso.
A Coruña: actividades do domingo 7 na Feira do Libro
Estas
son as actividades máis destacadas previstas para o domingo 7 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, que estará aberta nos Xardíns de Méndez Núñez até o mércores 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:
– 19:00 h. Presentación do libro Guía das libélulas de Galicia, do investigador e naturalista vigués Miguel Ángel Fernández Martínez, publicado en Baía. O autor estará acompañado polos investigadores de zonas húmidas de Galicia e naturistas galegos Anxo Rajou e Alberto Gil.
– 20:00 h. Presentación do libro Contos e descontos. Narrativa completa de Claudio Rodríguez Fer publicado en Toxosoutos. Xunto co autor, participará no acto Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega e David González Couso, director de publicacións da editorial.
Abelleira, Muros: presentación dos libros Tamén navegar, Capitán Wood e Derrota e singraduras de Joaquín Vieta
O
sábado 6 de agosto, ás 20:00 horas, dentro da Festa Abelleira Mariñeira 2011, que se celebra na praia de Ventín (Abelleira, Muros), terá lugar un Faladoiro sobre os libros, en que se darán a coñecer as seguintes obras: Tamén navegar, presentado por Francisco X. Fernández Naval, Capitán Wood, e Derrota e singraduras do Joaquín Vieta, presentados por Lino J. Pazos.
A Coruña: actividades do venres 5 na Feira do Libro
Estas
son as actividades máis destacadas do venres 5 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, nos Xardíns de Méndez Núñez, e que estará aberta até o 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:
– 18:30 h. Presentación do libro infantil O espantallo, de Xosé Agrelo, publicado pola editorial Toxosoutos.
– 19:30 h. Presentación do libro Guerra civil. Que pasou en Galicia e en España, de Federico Cocho, publicado por Xerais. Xunto ao autor, participan Carlos G. Reigosa e Manuel Bragado.
– 22:30 h. Recital no Handicap Café (Rúa Salgado Somoza, esquina Curros Enríquez), na Coruña: A noite de poesía: Os fillos de Mary Shelley, coa participación de Yolanda Castaño, Luis Alberto de Cuenca, Luisa Castro, Pedro Ramos e Fernando Marías.