Arquivos da etiqueta: Faro da Cultura
María Xosé Porteiro: “Os dicionarios aínda reflicten as mulleres como seres inferiores”
Luís Lamela: “Hai xente que aínda cre que os guerrilleiros eran uns bandidos”
Xosé Carlos López Bernárdez: “As mulleres merecen ser recoñecidas na historia da arte galega”
Miguel Anxo Fernández: “Concibo as miñas novelas coma se fosen películas”
Manuel Esteban: “A infancia é un territorio de liberdade, curiosidade e exploración”
Ramón Caride: “A literatura galega estase a ceibar de vellos prexuízos”
Aurora Marco: “Habería que dedicar outro Día das Letras a Carvalho Calero”
A Sección de Crítica da AELG no Culturgal
A Comisión Xestora actual da Sección de Crítica da AELG, coa intención de visibilizar a súa existencia e dinamizar as súas actividades, decidiu propor un encontro onde se lles dese voz a diferentes persoas, pertencentes ou non á propia sección pero representantes da práctica da crítica literaria galega en diferentes plataformas, medios e xéneros. Culturgal, a quen lle agradecemos a predisposición tan positiva que desde o primeiro momento prestou a esta iniciativa, será o espazo que acollerá esta mesa redonda que contará cunha breve participación de cada unha das persoas convidadas para logo abrirse ao debate co público asistente.
 Comisión Xestora actual da Sección de Crítica da AELG, coa intención de visibilizar a súa existencia e dinamizar as súas actividades, decidiu propor un encontro onde se lles dese voz a diferentes persoas, pertencentes ou non á propia sección pero representantes da práctica da crítica literaria galega en diferentes plataformas, medios e xéneros. Culturgal, a quen lle agradecemos a predisposición tan positiva que desde o primeiro momento prestou a esta iniciativa, será o espazo que acollerá esta mesa redonda que contará cunha breve participación de cada unha das persoas convidadas para logo abrirse ao debate co público asistente.
As persoas que foron convidadas a expor as súas experiencias no ámbito da crítica desde as súas particulares perspectivas, e que igualmente aceptaron con entusiasmo o convite, serán Lara Rozados -representante da plataforma dixital de crítica literaria feminista A Sega-, Montse Pena Presas -como especialista en crítica de literatura infantil e xuvenil e colaboradora no “Faro da Cultura”-, Mario Regueira -crítico literario en Sermos Galiza– e mais Roberto Pascual, como representante da crítica teatral e colaborador en numerosas revistas teatrais. Ramón Nicolás será o moderador e presentador desta actividade.
Esperámosvos neste acto aberto.
 
							








