O xoves 12 de marzo, ás 22:00 horas, no Pub Ultramarinos (Rúa Casas Reais, 34) de Santiago de Compostela, María Lado e Lucía Aldao farán un recital con poesía e música.
Arquivos da etiqueta: Lucía Aldao
Pontevedra: espectáculo de A guerra dos números, con Lucía Aldao e María Lado
O martes 3 de marzo, ás 18:30 horas, no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (no Auditorio Pazo da Cultura), María Lado e Lucía Aldao, co Seminario Permanente de Jazz Trío, participan no espectáculo interactivo de teatro e música, baseado no libro de OQO Editora A guerra dos números. Está dirixido a público a partir de 3 anos, cun prezo de 3 euros.