O
xoves 16 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Criticalia, de Armando Requeixo, publicado por Sotelo Blanco. No acto, acompañando ao autor, participan Luís Alonso Girgado, Claudio Rodríguez Fer e Olegario Sotelo Blanco.
Arquivos da etiqueta: Luis Alonso Girgado
Santiago: presentación de Na véspera do silencio, de Soledad Pite
A Estrada: presentación de Tatuaxes, de Manuel Pereira Valcárcel
O
mércores 4 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Museo do Moble e da Madeira (Avenida Benito Vigo, 92, baixo) da Estrada, preséntase o poemario Tatuaxes, de Manuel Pereira Valcárcel, publicado en Follas Novas. No acto intervirán, xunto ao autor, Luís Alonso Girgado, Asunción Canal Covelo e Xosé Luna.
Pontevedra: presentación da reedición de Elegías y canciones, de Álvaro Cunqueiro
O
xoves 10 de novembro, ás 20:00 horas, no Café Moderno de Pontevedra, preséntase Elegías y canciones, unha edición actualizada do poemario de Álvaro Cunqueiro publicado en 1940, en reedición publicada por Follas Novas. Na presentación intervirán Luís Alonso Girgado, Luís Cochón e Armando Requeixo.
Santiago: presentación de Materia infinita, de Xoán Carlos Domínguez Alberte
O
martes 7 de xuño, ás 20:00 horas, na Sala de presentacións da Editorial Follas Novas (fronte á librería, Rúa Santo Domingo da Calzada, 1 entrechán), de Santiago de Compostela, preséntase o libro Materia infinita, de Xoán Carlos Domínguez Alberte, publicado na colección Libros da Frouma de Follas Novas Edicións. No acto interveñen Luís Alonso Girgado, Anxo Pastor, Baldo Ramos e o propio autor, quen ofrecerá unha lectura dos seus textos.
Santiago: presentación do poemario Doce de Mon G. Buhigas
O
mércores 2 de marzo, a partir das 20:00 h., na editorial Follas Novas (Rúa de Santo Domingo da Calzada, 1, entrechán) de Santiago de Compostela, preséntase o poemario Doce, de Mon G. Buhigas, publicado por Follas Novas Edicións. No acto intervirán Armando Requeixo, Luis Alonso Girgado, a ilustradora Inés Casas Maroto e o propio autor, tendo lugar a lectura dunha pequena selección de poemas do libro.
Santiago: presentación de A ferida de comprender, de Baldo Ramos
A Coruña: presentación de Celebración de Uxío Novoneyra, II (1930-1999)
Santiago: presentación do libro Celebración de Uxío Novoneyra, II
O
mércores 12 de xaneiro, a partir das 20:00 h., no Salón de Actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal (Rúa Xoán XXIIII, s/n.) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Celebración de Uxío Novoneyra, II, publicado polo Centro Ramón Piñeiro. No acto participan Manuel González González, Luís Cochón e Luís Alonso Girgado.
Santiago: presentación de Cartas de Poeta. De Uxío Novoneyra a Ramón Piñeiro. 1953-1972
O
xoves 23 de decembro ás 11:30 h., na Biblioteca do Consello da Cultura Galega, preséntase o libro Cartas de Poeta. De Uxío Novoneyra a Ramón Piñeiro. 1953-1972, editado polo propio Consello da Cultura Galega baixo a coordinación de Luís Cochón e Luís Alonso Girgado. No acto intervirán Ramón Villares, Luís Cochón e Uxío Novoneyra Rei, fillo do poeta. A nova aparece recollida en Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, El Correo Gallego, La Voz de Galicia e Cultura Galega. Pequena escolma en Cultura Galega.


