O sábado 17 de setembro, ás 18:00 horas, no CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo), na Coruña, terá lugar a presentación do micropoemario Auga a través, de Dores Tembrás, nun acto que contará coa presenza da autora acompañada de Antía Otero, da editorial Apiario. Xunto a elas, os cineastas Luís Avilés e César Souto falarán sobre a vinculación co seu filme Os días afogados, que será proxectado no mesmo acto.
Arquivos da etiqueta: Luís Avilés
Compostela: presentación de Auga a través, de Dores Tembrás, e estrea de Os días afogados, de Luís Avilés e César Souto
O venres 16 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Numax (Rúa Concepción Arenal, 9, baixo), en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do micropoemario Auga a través, de Dores Tembrás, nun acto que contará coa presenza da autora acompañada de Antía Otero, da editorial Apiario. Xunto a elas, os cineastas Luís Avilés e César Souto falarán sobre a vinculación co seu filme Os días afogados, que será estreado ás 22:00 h.