O
venres 26 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase o libro Palabras de auga, de Marcos Calveiro, publicado en Xerais. No acto participarán Agustín Fernández Paz, Ramón Trigo (ilustrador do libro) e Manuel Bragado, xunto ao propio autor.
Arquivos da etiqueta: Manuel Bragado
Celanova: presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás
O
xoves 25 de outubro, ás 20:00 horas, na Sala da Lareira da Fundación Curros Enríquez (Rúa Curros Enríquez, 37) de Celanova, terá lugar a presentación do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola propia editorial e a Fundación Curros Enríquez, intervirán, xunto ao autor, Luís Ferreiro, José Luís Ferro e Manuel Bragado.
Santiago: IX Simposio O libro e a lectura: O futuro da librería, o 9 de novembro
O
IX Simposio O libro e a lectura vaise celebrar en Santiago o venres 9 de novembro, baixo o tema central de O futuro da librería. A xornada vai concitar en Compostela a destacados profesionais do sector do libro. Este foro vense celebrando ininterrumpidamente dende o ano 2004. A actividade está patrocinada por Cedro e organizada pola Asociación Galega de Editores. Colabora o Consello da Cultura Galega. As inscricións pódense realizar até o 6 de novembro neste correo: comunicacion@editoresgalegos.org. O avance do programa é o seguinte:
– 09:30 h. Recollida de documentación.
– 10:00 h. Sesión inaugural: intervención do presidente da AGE.
– 10:30 h. Conferencia inaugural: A comercialización do libro a través das canles das librerías. Desde o punto de vista da edición. Manuel Gil, editor. Presenta Manuel Bragado Rodríguez.
– 12:00 h. Panel de experiencias de éxito: A utilización das redes sociais nas librerías. Con Xosé Rodríguez Lois, de Redelibros (Vigo), Carlos Airas Cota, da Librería Aira das Letras (Allariz) e Damià Gallardo, de Librerías Laie (Barcelona). Presenta Antón Lado.
– 13:00 h. As Feiras do Libro, Antón Pedreira (Vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia). Presenta Xulio Amigo.
– 16:30 h. Mesa redonda: Os modelos de negocio das librerías. Con Librerías Nobel-Grupo Arnoia (Pontevedra), Enric Faura, de Edicat (Barcelona), Juan Carlos Febrero, Casa del Libro (Vigo) e Carlos Coira Nieto, de Libraría Trama (Lugo). Presenta Laura Rodríguez.
– 17:30 h. Conferencia O futuro da librería, Marià Marín i Torné, Secretario do Gremi de Llibreters de Catalunya. Presenta Belén López.
– 19:00 h. Conclusións.
– 19:30 h. Remate da xornada.
Ferrol: presentación de 15.724, de Xesús Constela
O
venres 19 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32) de Ferrol, terá lugar a presentación da novela 15.724 de Xesús Constela, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participarán Adolfo Caamaño e Manuel Bragado.
Pontevedra: presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás
O
xoves 18 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa de Don Filiberto, 9-11) de Pontevedra, o Ateneo de Pontevedra e Edicións Xerais presentan o ensaio biográfico Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás. No acto, xunto ao autor, participan Xesús Constela, Luís Ferreiro (fillo de Celso Emilio) e Manuel Bragado.
A Coruña: presentación de As voces baixas, de Manuel Rivas
O
mércores 17 de outubro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10, 1º andar) da Coruña, preséntase o novo libro de Manuel Rivas, As voces baixas, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Luís Méndez Ferrín e Manuel Bragado.
Santiago: presentación da Poesía completa de Valentín Paz-Andrade
O
mércores 10 de outubro, ás 19:00 horas, no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar), en Santiago de Compostela, preséntase a Poesía completa, de Valentín Paz-Andrade, publicado en Xerais. No acto participan o Gregorio Ferreiro Fente, Rosario Álvarez, Xesús Alonso Montero e Manuel Bragado.
Vigo: presentación de Antón Reixa. Ghicho distinto, de Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso
O
xoves 4 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, terá lugar a presentación do libro Antón Reixa. Ghicho distinto de Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso, publicado en Xerais. Xunto aos autores, participan Xosé Manuel Pereiro, Antón Reixa e Manuel Bragado.
Descende a edición en galego en 2011
“O 2011 foi un mal ano para a edición en Galicia e en Galego. Así o sinalan os informes Comercio Interior del libro en España 2011, da Federación de Gremios de Editores e máis El sector del libro en España 2010-2012 do Observatorio da Lectura e do Libro. O director de Xerais, Manuel Bragado, recolle no seu blog unha análise dos datos presentados, que revelan que a edición na nosa lingua minguou un 16,3% (de 2.544 a 2.130 títulos) segundo o informe de comercio interior, mentres o do Observatorio cifra o descenso nun 5,22% con 1.922 títulos editados o pasado ano. O nivel de produción editorial, independentemente da lingua, no noso país a edición diminuiu un 28,8% no último ano, pasando de 4.754 títulos en 2010 a 3.384 en 2011.” Desde Cultura Galega.
Santiago: presentación de En vías de extinción, de María Reimóndez
O
martes 2 de outubro, ás 20:30 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7), de Santiago de Compostela, preséntase En vías de extinción, de María Reimóndez, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan María do Cebreiro e Manuel Bragado.
