Arquivos da etiqueta: María Alonso Alonso
Compostela: Simposio Estudos literarios e campo cultural galego, os 2 e 3 de setembro
Vigo: obradoiro de escrita creativa con Francisco Castro, o xoves 5 de febreiro
O xoves 5 de febreiro, entre as 17:00 e as 19:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, Francisco Castro dirixirá un obradoiro de escrita creativa gratuíto e aberto a toda e todo aquel que queira asistir.
“Dende o minuto un do Obradoiro escribiremos e faremos literatura. O director do Obradoiro proporá actividades que actuarán como catalizadores da creatividade. Logo, sobre os resultados obtidos (os poemas, os relatos, a descrición dos personaxes, a literaturización dalgún aspecto da realidade…), será o momento de teorizar e amosar como grandes autores e autoras da literatura universal constrúen o seu universo de ficción.
O Obradoiro é eminentemente práctico e participativo e nel practicaremos o relato breve ou a creación de personaxes, todo co único obxectivo de escribir e gozar do feito de crear literatura, aprendendo, ao tempo, as técnicas básicas da creación literaria.”
Esta actividade está enmarcada no Congreso Exploring Liminality in Anglophone Studies, entre cuxos organizadores participa María Alonso Alonso, a quen agradecemos o envío da información.
Miguel Anxo Martínez gaña o XXXVIII Certame Nacional de Narracións Breves Modesto Rodríguez Figueiredo
“O xornalista Miguel Anxo Martínez Oubiña ven de gañar o XXXVIII Certame Nacional de Narracións Breves Modesto Rodríguez Figueiredo polo seu relato As casas baratas. Este premio está convocado pola Fundación do Padroado Pedrón de Ouro desde o ano 1975. A viguesa María Alonso Alonso logrou un accésit coa narración María a Lobiqueira e o compostelán Alberto Gómez Aneiros outro accésit con Contos dun representante artístico.
Esta edición do Modesto Rodríguez Figueiredo tivo lugar no Concello de Cerdedo e estivo precedida polo acto de colocación, por parte da Fundación Pedrón de Ouro, dunha placa conmemorativa na casa natal do investigador cerdedense Antonio Rodríguez Fraiz co gallo do centenario do seu nacemento. (…)” Desde Fervenzas Literarias.