O
sábado 13 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Á lus do Candil (Rúa Historiador Vedía, 3) de Arteixo, preséntase As Crónicas de Bran (I). A revolta dos Mestres, de Xosé Duncan, publicado por Contos Estraños. No acto, xunto ao autor, participa Modesto Fraga.
Arquivos da etiqueta: Modesto Fraga
Mondoñedo: recital de poesía na Casa de Mañas
O
sábado 16 de febreiro, ás 21:00 horas, terá lugar un recital de poesía na Casa de Mañas (Calvela, 1 – Vilamor) de Mondoñedo, coa participación de María Lado, Elvira Riveiro, Modesto Fraga Moure, Jose Estévez e Max Logo. Empezarase cuns pinchiños e uns viños para ir abrindo boca e seguidamente será o recital. Unha parte estará dedicada á poesía erótica á que acompañará un tango. O prezo para acudir a esta velada é de 15 euros. O aforo é limitado por unha cuestión de espazo. As persoas que estean interesadas, poderán reservar a súa entrada no teléfono 619 916 341. Os asistentes recibirán un caderno cos poemas que se lean no acto.
Arteixo: presentación-recital de Monicreques, de Xosé Daniel Costas
Arteixo: presentación de A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval
O
venres 28 de decembro, ás 20:00 horas, na Librería Á lus do Candil (Rúa Historiador Vedía, 3) de Arteixo, preséntase a novela A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, publicada en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Modesto Fraga.
O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede
“Xa
están na rede. Aquela brava agrupación de escritores costeiros, mozos e non tan novos, mariñeiros, estudantes, funcionarios, traballadores… teñen xa un espazo na internet que convirta en eternas e accesibles as súas creacións, no espazo oficial dentro do Finisterrae, onde xa podemos atopar a publicación dos 4 números publicados do boletín Feros Corvos e o libro comunitario Nós. E todo cando se cumpren 10 anos da publicación dun libro que ficará nas nosas memorias, que recuperamos agora a través da rede. Iremos recuperándoos en QPC boletín a boletín, nome a nome, para lembrar aos Marilar Alexandre, Suso Bahamonde, Pilar Beiro, Concha Blanco, Moncho Bouzas Tobío, Fernando Cabeza Quiles, Sesé Canirot, Ana Canosa Blanco, María Canosa Blanco, Xosé María Casais, David Creus, Estevo Creus, Modesto Fraga, Gus García, Rafa García, Víctor Manuel Gómez Traba, Mónica Góñez, Serxio Iglesias, María Lado, Tomás Lijó, José Luís Louzán, Abel Mendes Bujeiro, Xoán Alberte Moure Insua, Paulina Mouzo, Alexandre Nerium, Helena Pérez García, Marcos Seoane Vázquez, Paco Souto, Miro Villar e Rafa Villar.” Desde Que pasa na Costa, a foto é de Vieiros.
Arteixo: nova edición dos Encontros Milpedras
O
xoves 2 de agosto, a partir das 20:00 horas, na praza da Rúa da Capela de Arteixo, terá lugar unha nova edición dos Encontros Milpedras, coa participación poética de Modesto Fraga, Mou de Lugh e Óscar de Souto, xunto a Karlos Barral e Alberto Laso na parte musical, e Javier de la Rosa como creador gráfico. O acto, organizado pola A. C. Encontros Milpedras e 3D3 Audiovisual, será presentado por Rubén Fenice, director do Taller de Litografía Milpedras.
Fisterra: presentación de Crónicas de Fisterra, de Roberto Traba
Fisterra: recital poético dentro da “2ª Festa Nacionalista da Costa da Morte”
O domingo 18 de xullo, desde as 14:00 h., no marco da “2ª Festa Nacionalista da Costa da Morte” que se celebra en Fisterra (Paseo marítimo da praia da Langosteira), terá lugar un recital poético a cargo de Rafa Villar, María Lado, Alexandre Nerium, Mónica Góñez e Modesto Fraga. O acto enmárcase na xornada de confraternidade organizada pola asemblea local do BNG de Fisterra. Haberá, amais do recital de poesía, distintas actividades culturais e un xantar de irmandade.
Culturagalega.org adapta para Google Earth unha antoloxía poética da Costa da Morte
”A primeiros de mes falamos da publicación De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, unha estensa antoloxía editada por Miro Villar e Modesto Fraga que reivindica esta franxa litoral como paisaxe literaria. E culturagalega.org quixo experimentar con ela, ofrecéndovos o que cremos que é un dos primeiros poemarios en Google Earth, para que compares a paisaxe cos versos dos poetas”. [Ver a páxina do poemario]
Fisterra: presentación de Escapado de Luis Lamela
O próximo día 4 de setembro, ás 20 horas, no Salón de Plenos do concello de Fisterra se presentará o libro Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, a primeira novela de Luis Lamela, editada por Edicións Xerais de Galicia. O autor estará acompañado polo escritor e poeta Modesto Fraga.

