Crónica fotográfica do Roteiro polo Melide Literário, guiado por Antom Laia

Aquí poden verse estas fotografías do Roteiro polo Melide Literário guiado por Antom Laia, celebrado o pasado 20 de xuño, iniciativa da AELG subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Museo da Terra de Melide e o Concello de Melide. A crónica fotográfica completa pode verse aquí. Agradecemos o envío das fotos desde o Museo da Terra de Melide, Xosé de Cea e Turismo Melide.

Roteiro polo Melide Literário, guiado por Antom Laia, o 20 de xullo

O Roteiro polo Melide Literário, guiado por Antom Laia, é unha iniciativa da AELG subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Museo da Terra de Melide e o Concello de Melide, que forma parte dunha iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria. O texto completo deste roteiro estará dispoñíbel na web da AELG nos seguintes meses, para poder ser descargado libremente.

O roteiro presencial terá lugar o sábado 20 de xullo, a partir das 11:30 horas, tendo como punto de saída a Praza do Convento, en Melide.

A inscrición, libre e gratuíta, pode facerse previamente enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org, indicando o nome do roteiro, así como o nome e apelidos da(s) persoas(s) interesada(s) en participar como público.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Melide: Polafía no Camiño

A Polafía no Camiño é unha actividade da AELG co apoio da Deputación da Coruña e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO), e a colaboración de Os Melidaos, Herba Grileira, Laia Zapateiros, Cafetería Estilo e o Museo da Terra de Melide (como chegar).

A Polafía realizarase no Museo Terra de Melide o sábado 20 de novembro a partir das 17:00 horas. Entrada libre até completar capacidade.
Colaboran na organización: Antom Laia, Suso Ascariz, Cristina Vázquez, Xurxo Broz, Os Melidaos, Herba Grileira, Laia Zapateiros e a colaboración de Cafetería Estilo.
A actividade está coordinada por Antonio Reigosa (vogal responsábel da Sección de Literatura de Tradición Oral).

No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.