Arquivos da etiqueta: Os Vilares: Lareira de soños
Presentación en liña de Abril, de Luz Darriba
Presentación en liña de Os rostros do frío, de Xulio Pardo de Neyra
Presentación en liña de A guerra era contra nós, de Carlos da Aira
Presentación en liña de Pangalaica, de Xurxo Souto
Presentación en internet de Poema da Rúa das Aves, de Miguel Barrera
Nova edición de Poemas Pendurados de Farolas adicada ao COVID-19
“A NPG Nova Poesia Guitirica retoma a IV edición dos Poemas pendurados de farolas que fora adicado nas tres edicións anteriores á violencia machista, os lumes e as liberdades básicas. Nesta edición será a pandemia do coronavirus a temática que debe inspirar os poemas que convertirán as rúas de Guitiriz nun poemário e as súas farolas en páxinas de poemas para a súa lectura na rúa e que como xa é tradicional serán colocadas a comenzos do ano 2021. Poesía con temática social e actual, comprometida coa realidade e creativa que cada ano sae á rúa para a súa lectura.
POEMAS PENDURADOS DE FAROLAS. BASES
A temática deste ano será o COVID-19. Cada poeta, de calquera idade ou nacionalidade poderá participar con un poema de estilo libre e en idioma galego ou portugués en calquera das súas normativas. Os poemas, de extensión máxima de un folio e en formato word, poderán ser enviados entre o 1 de novembro e o 15 de decembro aos correos npggazeta@gmail.com e dosvilares@gmail.com
Cada poema será publicado nas nosas redes sociais e editados conxuntamente nunha publicación dixital na nosa web www.npggazeta.gal para a súa descarga gratuita. Na segunda fin de semana de 2021, os poemas recebidos serán colocados nas farolas do concello de Guitiriz convertindo cada unha delas na páxina dun poemario aberto monográfico arredor da pandémia que estamos a padecer para a lectura da cidadanía a pé de rúa.”
Recital de NPG en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero
Entrar aos Vilares
“O documental Entrar aos Vilares, producido pola Lareira de soños e dirixido por Cibrán Tenreiro para acompañar o libro que está a rematar Pastora Veres sobre a parroquia chairega de Xosé María Díaz Castro, foi posto en aberto en Youtube para colaborar na corentena do coronavirus e facer máis levadeiro o encerro. En só dous días, o fil.e acadou na plataforma videográfica 1.000 entradas, o que supón un éxito para un fime modesto que foi finalista da #12MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico.
Desde a Lareira de soños non só nos alegra o éxito do filme entre o público senón tamén porque supón unha axuda para matar o tempo a máis de 1.000 persoas nesta situación. A Lareira de soños atópase neste intre coa montaxe do segundo documental, que será estreado este ano, dirixido por Antón de Guizán e a Factoría Nini sobre a vida de José Lobeiras Gómez co título provisional de O Armeiro de Berulfe, A Memória Retratada.”
Concurso de micropoesías Vilariñas de Poesía 2020
“Convócase o Concurso de micropoesías Vilariñas 2020, no que poden participar todos @s escritores/as que queiran.
A participación neste concurso é completamente de balde.
Os micropoemas presentados ao concurso serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. @s autores/as son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.
A temática será “libre”. Cada participante poderá enviar un máximo de un micropoema que debe estar escrito en GALEGO en calquera das normativas ou en portugués e presentarase ao concurso a través do correo electrónico dosvilares@gmail.com ou npggazeta@gmail.com en formato Word e coa referencia de CERTAME VILARIÑAS 2020 no título do correo. Cada vilariña terá o nome ou o alcume d@ autor/a. Tamén no correo deben figurar os datos de contacto d@ autor/a co nome completo e un número de contacto.
Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 3 versos sen incluír o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de un micropoema a concurso e cada un deles será xulgado individualizadamente por un xurado composto por poetas da NPG Nova Poesia Guitirica. A organización non correxirá nin modificará os textos dos poemas. Poderán cada un deles ir acompañado de imaxe se así o quixese @ autor/a.
Admitiranse obras desde o 15 de Febreiro até o día 30 de Marzo arzo de 2020, ás 23:59 horas.
A organización do concurso resérvase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respecto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.
O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contido do poema. Os integrantes da NPG só poderán colaborar quedando SEMPRE fóra de concurso, por formaren parte do xurado e do grupo poético organizador. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños, e da NPG Nova Poesía Guitirica nas duas semanas posteriores ao peche do concurso.
Os micropoemas participantes, integrarán unha antoloxía, e entre eles escollerase aos tres gañadores do premio que consistirá no trofeo VILARIÑA deseño exclusivo da artista Viki Rivadulla e edición das obras presentadas na web poético-literaria e outros soportes dixitais. A edición da antoloxía na web poética será segundo criterio da NPG Nova Poesía Guitirica e Os Vilares, lareira de soños. Farase un acto poético público cos/as premiad@s e poetas convidad@s.
Polo feito de participar, @s premiad@s autorizan a NPG Nova Poesía Guitirica e á Lareira de soños a editalos nos soportes fisicos e dixitais que considere oportunos.”