“Unha vez lidos a totalidade das achegas presentadas a concurso pol@s membros do xurado, formado polas escritoras e escritores Antón Riveiro Coello, Emma Pedreira, Ledicia Costas e Miguel Anxo Fernández, a gañadora da pasada edición do concurso Catarina Cortizas Leira e un/unha representante de cada unha das seguintes librarías: “Escolma” do Carballiño, “Miranda” de Bueu, “Paz” de Pontevedra e “Pedreira” de Compostela, resultou gañador o micro-relato SEGREDO, presentado co seudónimo Bob Horás, baixo o que se agochaba o nome de Lito Vila Baleato.
Por primeira vez, nos 10 anos de historia do noso concurso, temos dous finalistas por coincidiren na puntuación, o primeiro finalista (sen que isto implique orde) é o micro-relato ACONTECE NO MAR VÉSPERA DE SAN XOÁN, presentado co seudónimo Berenxena en bicicleta, baixo o que se agochaba o nome de Andreia Costas; e o micro-relato MARIDAXE PERFECTA, presentado co seudónimo Devorei, baixo o que se agochaba o nome de Nila Álvarez Pousa.
Os relatos premiados poden lerse aquí.”
Arquivos da etiqueta: OZOCOgz
Bases do 10 concurso de micro-relatos OZOCOgz
O Carballiño: actividades polo Día de Rosalía 2022
O Carballiño: presentación de O escudo do Reino da Galiza. Unha (re)visión (inter)nacional, de Héitor Picallo
O Carballiño: presentación de Os libros que hai en min, de Emma Pedreira
O Carballiño: presentación de As costas do alén, de Fernando Juan Morado “Cone”
O Carballiño: presentación de Unha noite no tren da Vía Láctea
A Insua dos Poetas, O Carballiño: acto de entrega dos premios da edición do concurso de micro-relatos OZOCOgz 2021
O Carballiño: presentación de A ruta dos trobadores. Transitando polas vías da lírica hispánica
Coñécense a obra gañadora e finalista da 9ª edición do Concurso de micro-relatos OZOCOgz
“Unha vez lidos, entregada a puntuación e feita a media correspondente da totalidade dos micro-relatos presentados a concurso polos/as membros do xurado e actuando como fedatario Eladino Cabanelas, en representación de OZOCOgz, resultaron gañador e finalista os seguintes relatos:
– 1º premio para o micro-relato Filmando o tempo, presentado co pseudónimo Andreia, baixo o que se agochaba o nome Catarina Cortizas Leira.
– Finalista o micro-relato Vida, presentado co pseudónimo Mar Renteiro, baixo o que se agochaba o nome de Lito Vila Baleato.
Parabéns ás gañadoras!!!!!
NOTA: Pódense ler todos micro-relatos participantes aquí: https://ozocogz-atenda.com/i/micro-relatos-1“











