Arquivos da etiqueta: Pasen e miren
Radiocrítica do 01-12-2014, por Armando Requeixo
Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 1 de decembro en Ames Radio (107.2 FM, accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López de Somnámbulos, de Suso de Toro (0:20); Manuel Antonio. Obra completa. Poesía, en edición de Xosé Luís Axeitos (10:25); Valente Vital. Ginebra, Saboya, París, de Claudio Rodríguez Fer, Tera Blanco de Saracho e María Lopo (15:20) e Pasen e miren, de María Canosa e Dani Padrón (20:30).“
Pódese escoitar directamente aquí.
Cee: presentación de Pasen e miren, de María Canosa
A Coruña: presentación de Pasen e miren, de María Canosa
O sábado 20 de setembro, ás 12:00 horas, na Librería Cascanueces (Rúa Cordonería, 10) da Coruña, preséntase Pasen e miren, de María Canosa, con ilustracións de Dani Padrón, publicado por Bululú. No acto, xunto a autora e ilustrador, participa Pablo Zaera.