Cuestionario Proust: Pura Salceda

DesdePura Salceda o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica, este Cuestionario Proust a Pura Salceda:

“1.– Principal trazo do seu carácter?
-O humor.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A bondade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Que saiban perdoar os meus defectos.
4.– A súa principal eiva?
-A mala memoria (que sempre me mete en enredos).
5.– A súa ocupación favorita?
-Escribir, sen dúbida.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Poder dedicarme e vivir do que me gusta.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Non ter boa saúde.
8.– Que lle gustaría ser?
-O que son. Teño boa opinión de min mesma.
9.– En que país desexaría vivir?
-O principal non é o país senón que sexa nun ambiente dunha grande cidade. Encántame vivir en Barcelona.
10.– A súa cor favorita?
-O azul.
11. – A flor que máis lle gusta?
-A violeta.
12.– O paxaro que prefire?
-Non me gustan moito os paxaros, pero postos a dicir un: o pardal.
13.– A súa devoción na prosa?
-Miquel de Palol, Bolaño, Joyce…
14.– E na poesía?
-Cirlot, Leopoldo Maria Panero, Olga Novo, Vicent Andrés Estellés…
15.– Un libro?
Viaxe ao fin da noite, de Louis-Ferdinand Céline.
16.– Un heroe de ficción?
-Batman.
17.– Unha heroína?
-Como é lóxico, Catwoman.
18.– A súa música favorita?
-Case todos os tipos de música. Por dicir un: bossa nova.
19.– Na pintura?
-A arte abstracta en xeral.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Vicente Ferrer.
21.– O seu nome favorito?
-Aleida.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A falta de cortesía.
23.– O que máis odia?
-A crueldade.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Hai tantos! Poñamos un fácil: Hitler.
25.– Un feito militar que admire?
-Ningún.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Unha enerxía ilimitada para poder facer todo o que teño pendente.
27.– De que maneira lle gustaría morrer?
-Na cama, sen decatarme.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Coma todo poeta: a melancolía entendida como felicidade e tristeza a partes iguais.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-A desorde.
30.– Un lema na súa vida?
-Vive e deixa vivir.”

Barcelona: recital poético coa presenza de Estíbaliz Espinosa

O venres 18 de novembro, a partir das 19:50 horas, dentro do programa das Xornadas Poéticas organizadas pola Associació Col·legial d’Escriptors de Catalunya, que se desenolve na Aula Josep Maria de Sagarra, no cuarto andar do Ateneu Barcelonès, terá lugar un recital poético, presentado por Pura Salceda, de Estíbaliz Espinosa, Jaume Pons Alorda e Carles Miralles.

Barcelona: acto conxunto Galicia na voz dos poetas, no Ajuntament de Barcelona

O sábado 14 de maio, ás 20:00 horas, no Saló de Cent do Ajuntament de Barcelona, Xesús Rábade Paredes, Helena Villar Janeiro e Pura Salceda participarán no acto conxunto Galicia na voz dos poetas, nun acto institucional organizado pola Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya (Fegalcat), coa colaboración do Ajuntament.

A Coruña: presentación da antoloxía de poesía erótica Erato bajo la piel del deseo

A Librería Arenas da Coruña acolle o xoves 9 de setembro, a partir das 20:30 h., a presentación da antoloxía de poesía erótica Erato bajo la piel del deseo, publicado por Sial Ediciones, que inclúe a varios de distintos poetas galegos. Na presentación participan Xosé María Paz Gago, catedrático da Universidade da Coruña e poeta, Pura Salceda, antóloga e poeta, e o editor Basilio Rodríguez Cañada. Tamén haberá un recital coa presenza de varios dos autores antologados: Luz Pozo Garza, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Estevo Creus, Lucía Novas, Emma Pedreira, Branca Vilela, Cesáreo Sánchez Iglesias, e Montserrat Doucet.