Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“”Quixen establecer certo paralelismo, unha reflexión sobre acontecementos que estamos a vivir no noso tempo”. Ramón Nicolás recrea a memoria de Galicia e Arxentina e a represión das ditaduras na súa novela Lapis na noite. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Arquivos da etiqueta: Radio Galega
Entrevista a Luísa Castro sobre Baleas e baleas
Desde Chamando á Terra da Radio Galega:
“Galaxia reedita o poemario Baleas e baleas, de Luísa Castro, 30 anos despois da súa publicación. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Entrevista a Andrea Barreira sobre Palabra de bruxa
Desde Chamando á Terra da Radio Galega:
“Andrea Barreira acaba de publicar a novela xuvenil Palabra de bruxa en Galaxia. A entrevista pode escoitarse aquí.”
María do Cebreiro publica Soños. Arquivos. Cartas
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“”Un diálogo coa escrita a través da escrita onde a vida corre”. A entrevista a María do Cebreiro pode escoitarse aquí.”
Edición especial dos espazos «Diario Cultural» e «Galicia por Diante» da Radio Galega, e do programa «ZigZag Diario» da TVG, con motivo do pasamento do escritor Xabier P. DoCampo
Desde Xerais:
“O programa Diario Cultural da Radio Galega, emitiu unha un programa especial con motivo do pasamento do escitor Xabier P. DoCampo.
O espazo pode escoitarse nesta ligazón.
Tamén o programa Galicia por Diante, no que Xabier P. DoCampo foi colaborador como conselleiro literario, lembrou a súa figura.
O espazo pode escoitarse nesta ligazón.
Do mesmo xeito, o programa ZigZag Diario realizou unha reportaxe de homenaxe ao escritor finado.
A peza pode verse nesta ligazón.”
Entrevista a Xosé Benito Reza sobre Terradentro
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Xosé Benito Reza recibe o premio Losada Diéguez de creación pola súa novela Terradentro. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Nacho Taibo, Escritor na súa Terra, no Diario Cultural
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Nacho Taibo, Escritor na súa terra. Pode escoitarse aquí.”
Pilar Pallarés: “Todo é arrasado neste tempo no que vivimos”
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Pilar Pallarés publica Tempo fósil na editorial Chan da Pólvora. Hai un xardín primeiro de flores inútiles. Tamén a dor é a mais inservíbel. A autora sobreponse ao hendecasílabo e rexistra o tempo fósil, nel a demolición toma forma de restos. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Margarita Ledo coordina Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“A investigadora Margarita Ledo coordina o volume Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega: “A evolución do cinema contemporáneo defende o subtitulado para manter os idiomas orixinais e as versións orixinais e aí entra o galego sen ningunha dificultade”. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Diálogos María Victoria Moreno: Marilar Aleixandre
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Diálogos María Victoria Moreno: Marilar Aleixandre. Pode escoitarse aquí.”