Entrevista en Radiofusión:
“O inspector de policia Xosé Pereiro e a xornalista Ledicia Muruzábal son inxénuos pero rematan a novela perdendo a inxenuidade. Pereiro está alcoolizado e evolúe como personaxe ata transformarse nun “madero” poderoso. “O marco histórico concreto de 1980, o falso xénero negro e a loucura, son fías que conectan as dúas novelas de Antonio Tizón, A antesala luminosa e Un home estraño. Son independentes pero complementarias. E a serie chegará ao seu remate con outros tres volumes.
“Inventei unha entrevista co ex-alcalde da Coruña Domingos Merino, un home afable, honesto e idealista” afirma o escritor. Tamén aparecen nas novelas Manuel Fraga, Gutiérrez Mellado ou Avelino Pousa Antelo. A corrupción e a impunidade habitan en Un home estraño de Antonio Tizón. O autor quixo tratar con seriedade o tema da enfermedade mental.
A entrevista pode escoitarse aquí.”
Arquivos da etiqueta: Radiofusión
Manuel Gago: “A novela é un formato magnífico para divulgar feitos esquecidos ou pouco coñecidos da nosa historia”
Entrevista a Manuel Gago en Radiofusión, desde Xerais:
“O club de lectura de Radio Fene escolleu a novela O exército de fume, de Manuel Gago, e o faladoiro-entrevista arredor do libro emitiuse en Radiofusión.
A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.”
Xurxo Souto: “Un periplo tasqueiro para sibaritas enxebres”
Entrevista a Xurxo Souto en Radiofusión:
“”Un saúdo para Sillobre, a terra onde pasou a infancia e onde se iniciou na música, Sito Sedes, o máis grande, discípulo avantaxado de Pucho Boedo” afirma o escritor Xurxo Souto, acordeonista e músico impulsor de “Os Diplomáticos de Monte Alto”. “Recomendo especialmente visitar A Chencha na rúa San Xosé da Coruña, onde Xulio explica a pena na que se colleron os percebes que sirve”, afirma Xurxo Souto, que no seu libro Contos da Coruña (reeditado por Xerais en 2017) fai un periplo tasqueiro por locais emblemáticos da cidade herculina, polos templos do sibaritismo enxebre.
Dirixiu A tropa da tralla en Radio Coruña e Aberto por reformas na Radio Galega, converténdose nunha icona no mundo da radio en Galicia. En Contos da Coruña Xurxo fala do Erkowit, mercante varado en Bastiagueiro o 31 de outubro de 1970 cunha carga de insecticida que causou a desgraza na ría e especialmente en Lorbé. Souto lembra cando a maior plataforma petrolífera do planeta Terra Discoverer Enterprise decidiu soltar amarras e aparcou na ponte das Pías. No club de lectura de Radio Fene Radiofusión falamos deste libro con Xurxo Souto e tamén con Esther Val, Andrés C. M. Riveira e Emilio Romero. “O mar non é poesía, é traballo e esforzo” díxolle un patrón de pesca a Xurxo. A ferradura, o mar das galiñas, a cona da vella son nomes de caladoiros do Gran Sol coñecidos como a palma da man polos mariñeiros galegos. “Vivimos nunha parte do mundo realmente marabillosa” conclúe o promotor de Os Diplomáticos de Monte Alto.”
Antonio Tizón: “Con estas novelas quedei espido por completo”
Desde Xerais:
“Radiofusión emitiu unha nova edición do programa Club de Lectura para falar co escritor coruñés Antonio Tizón sobre os libros: A antesala luminosa e Un home estraño, publicados por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.”
Antón Cortizas: “A utopía permítenos buscar a bondade”
Desde Xerais:
“Radiofusión emitiu unha entrevista a Antón Cortizas, sobre a súa novela Leonel, gravada en Radio Fene.
A entrevista pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.”
Mercedes Queixas: “Manuel María foi sempre quen de vivir no amor á lingua sen ningún tipo de complexos”
Entrevista a Mercedes Queixas en Radiofusión:
““Admiro á persoa, a firmeza, o amor sincero por todo o que significa o país”, explica Mercedes Queixas, autora de Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, o volume da Editorial Galaxia que reconstrúe o “poliedro” do homenaxeado no Día das Letras Galegas. A escritora enxalza os valores que o chairego de Outeiro de Rei defendeu “con total firmeza e naturalidade, sen ningún tipo de complexos, primando sempre a autoestima e compartíndoa co pobo”. A admiración pola persoa non mingua a devoción de Queixas tamén polo Manuel María escritor: “Adoro o poeta, o escritor, ese camiñante que quixo coñecer ben a terra que o viu nacer”. Nestes días propicios para recuperar os seus versos, a biógrafa do muiñeiro de brétemas destaca que “ler a Manuel María é reconstruír todo ese amor que nos legou a través dun traballo incansábel”.”
A entrevista completa pode escoitarse aquí.
Marcos Calveiro: “Veño falar do lixo”
Entrevista a Marcos Calveiro en Radiofusión:
“Puntual chegou o escritor Marcos Calveiro ao colexio Centieiras de Fene a mañá do luns 4 de abril. Ás nove xa estaba proxectando na pantalla da biblioteca do centro, a portada do seu libro Unha casiña branca. Propoñíase falar aos alumnos e alumnas do “lixo” porque diso trata a obra, duns nenos que viven nun vertedoiro. A de Marcos Calveiro é a terceira visita dun escritor ao colexio Centieiras, onde pretenden que exista unha interlocución entre autores e lectores. (…)
O escritor Marcos Calveiro visitaba o centro fenés coa pretensión de demostrar aos pequenos e pequenas de 8 a 10 anos que os autores das obras que len ” estamos vivos”. El expón o que quixo contar na historia e logo escoita o que os rapaces entenderon ou sentiron con ela, nunha aprendizaxe de ida e volta. (…)
A entrevista pode escoitarse aquí.”
A enciclopedia sempre actualizable das letras galegas
Desde Radiofusión:
“A Historia da Literatura Galega é unha enciclopedia completa sobre a arte literaria feita na Galiza e en galego. Coñecela é coñecer o país que lle deu vida. A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) presenta agora en versión dixital, e da man de especialistas indiscutíbeis, unha obra para coñecermos o mellor que escribiron as galegas e os galegos que nos precederon ou que, afortunadamente, aínda conviven connosco. A web, que está en proceso de actualización e incorporación de elementos multimedia, pódese consultar no enderezo de internet literaturagalega.as-pg.gal. Aquí pode escoitarse a entrevista a Xoán Costa.”
AELG enxalza no seu calendario a Gimferrer, Villar Janeiro, Macías Pose e Mini e Mero
Desde Radiofusión:
“A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de celebrar a súa Asemblea Xeral de socios/as, que acordou outorgar a Dolores Macías Pose, e a Mini e Mero os Premios Mestres/as da Memoria 2016, galardóns que se entregarán na I Gala dos Premios Mestres e Mestras da Memoria a celebrar en Lugo o 19 de marzo; tamén o nome do Escritor/a Galego/a Universal 2016, distinción que se recollerá Pere Gimferrer na I Gala do Libro Galego que terá lugar o 14 de maio na cidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, acordouse que Helena Villar Janeiro sexa a próxima “Escritora na súa Terra – Letra E” e, por tanto, quen reciba unha homenaxe que este ano chega á súa vixésimo segunda edición; será no mes de xuño no Concello de Rianxo. (…)”
Esta foi a entrevista realizada a Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG.
Ledicia Costas: “Quería escribir unha historia que a min me emocionase para intentar emocionar o lectorado”
Desde Xerais:
“Radiofusión emitiu unha entrevista con Ledicia Costas sobre a concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil á súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.
A entrevista en audio pode escoitarse ou descargarse neste enlace.”