Entrevista
a Ramiro Vidal Alvarinho en Diário Liberdade:
“(…) – Diário Liberdade: É usual que apareça o teu nome em diferentes atos políticos-sociais do país. Segue a ser a poesía esse arma carregada de futuro?
– Ramiro Vidal Alvarinho: A poesia no pensamento é fundamental, mesmo tenho refletido internamente sobre esta questom, e às vezes fago mençom na minha escrita a conclusons que tiro, a partir do meu, se quigeres, modesto entender, dessa reflexom interna. É freqüente as pessoas com umha consciência política clara, com um compromisso nacional e de classe claro, fazerem alarde do seu desprezo pola poesia como meio de expressom, e eu acho que há que distinguir; umha cousa é estar disconforme com a presença que se concede aos poetas em determinados atos de massas e outra cousa é desprezar a poesia. Na filosofia, há poesia, com certeza; desde o Tao até Niestzche, passando polos filósofos da Grécia clássica. Na religiom, indubitavelmente, e nom há mais que dar umha vista de olhos ao al-Corám ou à bíblia. E na política, claro. Que líderes revolucionários como Agostinho Neto, Amílcar Cabral, o Che Guevara ou Ho chi min cultivassem a poesia nom é um acaso. E no Livro Vermelho de Mao, nom há poesia? Isto para nom falarmos da influência literária e estética do que para mim é o paradigma do poeta revolucionário galego: Curros Enríquez. Na cultura moderna, a poesia tem umha presença inegável, desde os cantores de intervençom que musicárom poetas de todos os tempos, até a cultura pop e rock. No niilismo do punk, na épica do heavy metal, no culto ao indivíduo e à liberdade do rock and roll nom há poesia? (…)”
Arquivos da etiqueta: Ramiro Vidal Alvarinho
A Coruña: recital poético de A Porta Verde do Sétimo Andar
A sexta-feira, 25 de maio, a partir das 20:30 horas, no Bar Borrazás (Rúa do Orzán, 165) da Coruña, terá lugar un novo recital poético dos integrantes de A Porta Verde do Sétimo Andar. Entre outros, participan: Celia Parra, Alberte Momán, Verónica Martínez, Manuel Miragaia, Pili Mera, Alfonso Láuzara, Natalia Concheiro, Diego Villar, Manolo Pipas, Paco Gallego, Ramiro Vidal Alvarinho, Miguel Ángel Alonso, Paco Souto, Lino García, Diego Villar, María José Fernández, François Davo e Begoña Paz.
A Coruña: recital poético-musical e presentación de Se lo dije a la noche
O
xoves 22 de marzo, ás 20:30 horas, no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo) da Coruña, terá lugar a presentación do libro Se lo dije a la noche, de Juan Carlos García Hoyuelos, traducido a todas as linguas peninsulares. No acto haberá un recital poético e musical coa participación, xunto ao autor, de François Davo, Estíbaliz Espinosa, Begoña Paz, Óscar de Souto e Ramiro Vidal Alvarinho, como poetas, Susana Fumis (rapsoda), e Miko Basic, Raúl Galego e Gemma Sanz (músicos).
A Coruña: IX Encontros Milpedras, recital conxunto de poesía, música e fotografía
O
venres 28 de outubro, ás 21:00 horas, no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo) da Coruña, terá lugar a IX edición dos Encontros Milpedras, coa participación poética de Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval e Ramiro Vidal Alvarinho, en paralelo á intervención musical de Mou e a proxección da obra fotográfica de Maribel Longueira.
Madrid: presentación-recital de Sétimo andar, poesía alén e De Castro
O
sábado 9 de abril, ás 20:00 h., na Librería La Marabunta (Rúa Torrecilla del Leal, 32, Lavapiés, Madrid), terá lugar unha presentación e recital de poemas dos libros Sétimo andar, poesía alén e De Castro, coa presenza de: Alberte Momán, Alfonso Láuzara, Ana Cibera, Miguel Ángel Alonso Diz e Ramiro Vidal Alvarinho, xunto aos poetas do Grupo Bilbao de Madrid.
A Coruña: presentación de Sétimo andar, poesía alén
O sábado
27 de novembro, ás 21:00 h., no Centro Social Gomes Gaioso (Rúa Marconi, 9) da Coruña, preséntase Sétimo andar, poesía alén, o segundo libro do colectivo A porta verde do sétimo andar, no que participan María N. Soutelo, Ramiro Vidal Alvarinho, Alfonso Láuzara, Rosa Enríquez, Alba Méndez, Manolo Pipas, Miguel Ángel Alonso Diz, Alberte Momán e Ana Cibeira.
Santiago: presentación de Sétimo andar, poesía alén
O sábado
13 de novembro, ás 12:30 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, preséntase o segundo libro do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar, no que participan María N. Soutelo, Ramiro Vidal Alvarinho, Alfonso Láuzara, Rosa Enríquez, Alba Méndez, Manolo Pipas, Miguel Ángel Alonso Diz, Alberte Momán e Ana Cibeira.
Bueu: presentación de A porta verde do sétimo andar
O venres
5 de novembro, ás 21:00 h., na Sala Amalia Domínguez Búa (rúa Eduardo Vincenti, 2) de Bueu, preséntase o segundo libro do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar, no que participan María N. Soutelo, Ramiro Vidal Alvarinho, Alfonso Láuzara, Rosa Enríquez, Alba Méndez, Manolo Pipas, Miguel Ángel Alonso Diz, Alberte Momán e Ana Cibeira.