Arquivos da etiqueta: Robert Neal Baxter
Compostela: presentación de Tras os pasos de Castelao na Bretaña, de Robert Neal Baxter Ford
Presentación de Tras os pasos de Castelao na Bretaña, de Robert Neal Baxter Ford, en Compostela
Pontevedra: XXVI Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Vigo: presentación de Brezhoneg. A lingua celta da Bretaña, de Robert Neal Baxter Ford
Compostela: presentación de Brezhoneg. A lingua celta da Bretaña, de Robert Neal Baxter Ford
A Coruña: xornada de homenaxe a Pilar García Negro
O
xoves 27 de abril vaise celebrar unha xornada de homenaxe á profesora Pilar García Negro con motivo da súa xubilación, organizada desde o Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA) da Universidade da Coruña.
Este acto, aberto ao público, vai consistir nunha xornada-coloquio de corte académico centrado na reflexión sobre as liñas de investigación que a profesora desenvolveu ao longo da súa vida académica.
Esta xornada-coloquio, desenvolverase no salón de Graos da Facultade de Filoloxía da UDC e vai estar composta por dúas mesas redondas; a primeira centrada na reflexión sobre os contributos da profesora García Negro á investigación sociolingüística e a segunda sobre as súas achegas á análise da literatura contemporánea. O título e as persoas participantes no acto serán os seguintes
PILAR GARCÍA NEGRO, PENSAMENTO, PESQUISA E INTERVENCIÓN
10:30-12:00 horas
A investigación sociolingüística. A lingua galega no contexto das linguas minorizadas.
– Robert Neal Baxter: Universidade de Vigo.
– Jaume Corbera: Universitat des Illes Balears.
– Goretti Sanmartín Rei: Universidade da Coruña.
[Modera: Xosé Ramón Freixeiro Mato]
12:30-14:00 horas
A investigación literaria. Os estudos rosalianos e outras aproximacións á análise da literatura contemporánea.
– Anxo Angueira: Universidade de Vigo / Fundación Rosalía de Castro.
– Xosé Luís Axeitos: Real Academia Galega
– Kathleen March: Universidade de Maine.
[Modera: Carme Fernández Pérez-Sanjulián]
– 14:00 horas
Cerramento: actuación musical de Uxía.
A Coruña: xornada de homenaxe a Pilar García Negro, o 27 de abril

Despois do acto haberá un xantar de convivio no comedor da Facultade de Arquitectura no que poderán participar todas as persoas que o desexaren (previa reserva até dous días antes no correo electrónico carme@udc.gal).
Compostela: presentación de Quem fala a minha língua? Vol. 2
A Coruña: IX Xornadas sobre Lingua e Usos. Lingua e Tradución, do 28 ao 30 de novembro
Do
mércores 28 ao venres 30 de novembro, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Real Academia Galega, organiza as Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano alcanzan a súa novena edición. O tema escollido para esta edición é o de Lingua e Tradución.
O prazo de inscrición será até o 21 de novembro, e pódese realizar xa desde aquí. Está solicitado un crédito de libre configuración para o alumnado da UDC que asista a esta actividade. Para obter o diploma de asistencia será preciso acudir ás conferencias programadas.
O programa é o seguinte:
Mércores, 28 de novembro
09:00 h. Recepción e entrega da documentación.
09:30 h. Acto de inauguración.
10:00 h.-11:30 h. Conferencia inaugural: Traducir literaturas transculturais, por Dora Sales Salvador.
12:00 h.-12:30 h. A internacionalización da cultura galega, por Xosé Luís Méndez Ferrín.
12:30 h.-14:30 h. Políticas de tradución no caso galego, por Silvia Montero Küpper e M.ª Jesús Lorenzo Modia.
16:30 h.-18:30 h. Evolución das traducións publicadas en galego, por Gonzalo Constenla Bergueiro e Ana Luna.
19:00 h.-20:30 h. Tradución e interpretación profesional en diferentes linguas, por Lara Santos (AGPTI), un representante da APTIC (Catalunya) e Bego Montorio (EIZIE) (Euskal Herria).
Xoves, 29 de novembro
10:00 h.-11:30 h. Tradución e ideoloxía: os enfoques feministas e poscoloniais, por María Reimóndez.
12:00 h.-14:00 h. A tradución do galego ao portugués e do portugués ao galego a debate, con Carlos Paulo Martínez Pereiro, Carlos Quiroga e Áurea Fernández.
16:30 h.-18:30 h. Mesa redonda: Tradución e literatura galega, con Manuel Bragado (Xerais), Eva Mexuto (OQO) e Moisés Barcia (Rinoceronte Editora).
Venres, 30 de novembro
10:00 h.-11:30 h. Interpretación e normalización lingüística no caso das linguas
subordinadas, por Robert Neal Baxter.
12:00 h.-13:30 h. Conferencia de clausura: Para alén de Nós: a tradución dunha cultura emerxente, por Iolanda Galanes.