Compostela: actividades do 15 de xuño na SELIC 2023

Lugo: Tarde e Tardiña 2021, 5 de agosto

A Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo organiza unha nova edición de Tarde e Tardiña, unha serie de espectáculos de música, teatro e narración oral que se poderán desfrutar na Canella do Hospital durante as tardes dos xoves, e que en caso de choiva trasladaranse á carpa da praza da Soidade.

Este é o programa para o 5 de agosto:
Tarde 18:30
Varietés do animalario, de Paporrubio
Duración: 50 minutos
Idade recomendada a partir de 3 anos
Nun contexto humorístico e divertido, a raposa e o lobo vense envoltos nun conflito pola propiedade dunha pereira con sete peras, á que misteriosamente lle van desaparecendo as peras unha a unha. No texto vense cuestionados os roles habituais que teñen a raposa e o lobo nas cultura galega de tradición oral; os dous vólvense vexetarianos, son rexeitados polos seus grupos habituais de compañía e acaban sendo compañeiros a causa do amor pola Pereira coas sete peras. Todo isto, acompañados das características humorísticas clásicas da tradición de monicreques galega: os enredos lingüísticos, a cachiporra, a astucia do heroe e do antiheroe…

Tardiña 21:00
Poesía pulp(o)
Piti Sanz, Xurxo Chapela e Samuel L París
As poetas cumpren co seu mandato: mudarlle o nome ás cousas chamándoas polo que son. O Far West do rupturismo anti-poético ten un pé en Muros e outro en Carballo. As poéticas transgresora, metaliteraria e auto- referencial de Samuel L. París e Xurxo Chapela entran en diálogo coa música dun auténtico rocker ilustrado, o lucense Piti Sanz, protagonista de páxinas substantivas da música galega e os seus territorios fronteirizos. Alguén dixo que a poesía é un arma cargada de futuro, o malo é que o futuro é do Santander Central Hispano.”

A Coruña: recital de Samuel L. París e Lello Voce no Ciclo Poetas Di(n)versos, o luns 20 de abril

OSamuel L. París luns 20 Lello Vocede abril, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Samuel L. París e Lello Voce. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos abril 2015.

Cuestionario Proust: Samuel L. París

DesdeSamuel L. París 2015 o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica, este Cuestionario Proust a Samuel L. París:

“1.– Principal trazo do seu carácter?
– O entusiasmo?
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– O sentido do humor.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Que non descubran a persoa que realmente son.
4.– A súa principal eiva?
– Difícil escoller, pero gustaríame ser menos agonías.
5.– A súa ocupación favorita?
– Divertirme co que sexa.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Unha pachanga na praia de San Francisco de Louro no verán e despois darme un baño e beber unha birra ben fría.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Deixarme ir.
8.– Que lle gustaría ser?
– Diría algo como “unha persoa nova cada día” (e, en parte, é verdade), mais realmente gustaríame ser insultantemente rico.
9.– En que país desexaría vivir?
– Son quen de ser feliz e infeliz en calquera sitio e papahostias hainos en todas partes, así que tanto me ten.
10.– A súa cor favorita?
– Todas.
11. – A flor que máis lle gusta?
– A da Kritikal Bilbo.
12.– O paxaro que prefire?
– Calquera cociñado con bo gusto.
13.– A súa devoción na prosa?
– Non son devoto de ninguén, a verdade.
14.– E na poesía?
– Tampouco. Non hai poesía á que lle teña fe cega.
15.– Un libro?
– Un pobo só prosperará cando na educación primaria se obrigue a ler Pulir de Nacho García.
16.– Un heroe de ficción?
– Dhalsim, do Street Fighter II da SNES. Ía lento e cuspía lume.
17.– Unha heroína?
– Mandy Cohen, do filme “Life of Brian”.
18.– A súa música favorita?
– Calquera que me faga suar.
19.– Na pintura?
– Miguel Noguera.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Xulia Mintoni.
21.– O seu nome favorito?
– Micaela.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– Odio a goma de mascar e a calquera persoa que a teña na boca a menos de cinco metros de min.
23.– O que máis odia?
– Aburrirme.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Ningunha especialmente.
25.– Un feito militar que admire?
– O 11-S.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Axilidade, porque son unha toupa.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Ao final dun redobre de tambor levándome por diante a toda a humanidade.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Optimista.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Todos os que nacen do medo.
30.– Un lema na súa vida?
– Meu pai: Lema.”