Vía Xornal.com.
Arquivos da etiqueta: Santiago Jaureguizar
“Comunicar cultura”, as xornadas do CCG
Durante os días 20, 21 e 29 de abril de 2010 terán lugar no Consello da Cultura Galega as xornadas “Comunicar cultura”, que contarán coa participación, entre outras, de Ramón Villares, Ana Romaní, Camilo Franco, Carlos G. Reigosa, Santiago Jaureguizar, Xosé Ramón Pena, Antón Lopo e Alfredo Ferreiro. A organización está principalmente a cargo de Xosé López, Xosé Manuel Pereiro e Rosa Aneiros. Pode consultarse o programa completo aquí.
«A comunicación ocupa un lugar central na configuración dos novos modelos de sociedade e, por tanto, tamén nas transformacións no campo cultural. Comunicación e Cultura son aspectos da mesma realidade social que dificilmente podemos separar. Nestes últimos anos a alianza entre cultura e comunicación converteuse nun eixe estratéxico para xerar produtos creativos, para fomentar o intercambio de puntos de vista e para incentivar a participación cidadá en todos os ámbitos da vida diaria. O panorama actual amosa oportunidades para que, mediante o emprego das ferramentas axeitadas, poidamos converter vellos soños de renovación no campo da comunicación e da cultura en realidades. A comunicación mediada tecnoloxicamente, como elemento transversal para a cultura, convértese nun instrumento clave nos procesos de difusión e creación para uns cidadáns cada vez máis esixentes. De feito, a cultura encóntrase no centro da maioría dos debates contemporáneos sobre identidade, tolerancia e convivencia en igualdade. Hai, por tanto, apaixonantes desafíos pensando a comunicación desde a cultura.
Estas xornadas de traballo, enmarcadas nos foros de debate que promove e organiza o Arquivo de Comunicación do Consello da Cultura Galega, queren achegar reflexións teóricas e prácticas, potenciar o coñecemento e fomentar o debate. Será un encontro aberto con voces plurais para procurar ideas neste proceso de análise e debate colectivo, con especial atención ás renovadas técnicas para comunicar cultura no ecosistema mediático do terceiro milenio. […]» (Consello da Cultura Galega)
Melide: II Feira do Libro no Camiño de Santiago
Programa da feira:
SÁBADO, 1 DE AGOSTO
10.30 h.. Inauguración da II Feira do Libro Camiño de Santiago
11.30 h. Actuación da agrupación A Maristela
12.00 h. Pregón a cargo de Yanelis Velazco Fajardo
13.00 h. Conferencia de Carmen Blanco: Rosalía escritora, integral, polifónica, universal
17.30 h. Apertura da feira
17.45 h. Pregón para rapaces e rapazas con Heidi Kühn-Bode
18.00 h. Obradoiro de teatro para rapaces e rapazas con Heidi Kühn-Bode
18.30 h. Entrega de premios do II Concurso de Artes Plásticas-Melide 2009
19.30 h. Títeres Cachirulo: Do, Re, Mi, Mozart xoga aquí
21.15 h. Sorteo de libros
22.30 h. A compañía de teatro Volta e Dálle representa a obra Pan, catro propostas arredor da malla. Este espectáculo é para adultos. Lugar praza do Convento.
DOMINGO, 2 DE AGOSTO
10.30 h. Apertura da feira
12.00 h. A escritora melidá Inma López Silva asinará libros da súa autoría na carpa da feira
13.00 h. Conferencia de Santiago Jaureguizar: Todo o que sempre quixo saber sobre a literatura e que ninguén lle contou
17.30 h. Apertura da feira
17.30 h. Obradoiro de ilustración con Marisa Irimia
19.00 h. Encontro co escritor e investigador melidao Carlos Parrado, autor do libro: Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco
20.00 h. Presentación do libro A terra do medio, do escritor melidao Xosé Vázquez Pintor
21.15 h. Sorteo de libros
21.30 h. Peche da feira cun recital de poesía e música co poeta Juan Carballo: A casa do poeta
Lugo: presentación de O Globo de Shakespeare
O venres, 6 de marzo, ás 20:00 horas na Libraría Trama de Lugo presentarase a novela de Santiago Jaureguizar O Globo de Shakespeare. Con este acto Jaureguizar remata a súa xira de presentacións do libro premiado en 2008 co Terra de Melide, iniciada no mes de xuño en Melide, e que proseguiu por Ribadeo, A Coruña, Santiago e Vigo. Esta será, tamén, a derradeira oportunidade de probar as reputadas galletas da novela. O acto consistirá nunha conversa de Jaureguizar co editor Manuel Bragado. (Fonte: Xerais Blog)
Santiago: presentación d’O Globo de Shakespeare de Jaureguizar
Santiago Jaureguizar avisa da presentación mañá en Santiago da súa novela O Globo de Shakespeare. Reproducimos o correo que nos enviou:
Dispoño de 37 das famosas galletas do Globo de Shakespeare, que repartirei mañá ás 20.00 horas na libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago dende dez minutos antes do comezo ata que remate con elas. Se vos toca unha, ben poderías facerme o favor de quedar á conversa que José Miguel Giráldez e máis eu manteremos arredor da miña última novela. Prometo espectáculo e moito neón verbal.
Entrevistas a Santiago Jaureguizar
Estes días están aparecendo na prensa galega diversas entrevistas con Santiago Jaureguizar con motivo da presentación da súa novela O Globo de Shakespeare, Premio Terra de Melide 2008. En Galicia Hoxe o escritor asegura que o seu libro fala “dos soños que temos todos: de poder, de amor, de éxito”, mentres que no Faro de Vigo afirma que “Shakespeare é o mellor construtor de personaxes da historia”. Poden ler as dúas entrevistas completas nestas ligazóns.
Vigo: presentación d’ O Globo de Shakespeare (Xerais), de Santiago Jaureguizar
Mañá, 23 de xaneiro, ás 20:00 na libraría Librouro de Vigo, presentarase a novela O Globo de Shakespeare (Xerais), de Santiago Jaureguizar. No acto o autor conversará sobre a obra con Manuel Bragado, director da editorial. Esta novela foi merecedora do Premio Terra de Melide 2008.
Cea “García Barros”
«Con posterioridade á entrega do Premio García Barros a Francisco Castro, o Concello da Estrada e Editorial Galaxia organizaron este ano, por primeira vez, unha Cea Literaria na que escritores, críticos e editores reflexionaron ao redor dun tema central relacionado coa obra premiada.
Os novelistas Xerardo AgraFoxo, Alfonso Álvarez Cáccamo, Francisco Castro, Manuel Darriba, Jaureguizar, Xosé Monteagudo, Antón Riveiro Coello, Séchu Sende e Anxos Sumai, na compaña do crítico literario Xosé Manuel Eyré e mais dos editores Víctor F. Freixanes e Carlos Lema, que se encargou de conducir o debate, mantiveron un coloquio sobre “Ficción e verosemellanza: da imitación da realidade á novela histórica”. […]» (Editorial Galaxia)